Antonio Quesada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 77.27.60.183 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 4:
Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como [[Xaime Quesada Porto|Xaime Quesada]], [[Carlos Quesada]] ou [[Fernando Quesada]], todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de [[Facenda]]. En [[1953]] consegue praza en [[Zamora]], onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor [[Antonio Pedrero]] e os poetas [[Claudio Rodríguez García]] e [[Jesús Hilario Tundidor]].
 
Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en [[1966]] a [[Vigo]], onde residirá o resto da súa vida.http://www.nowvideo.sx/video/280e2e88da4ed
 
Pintor [[arte abstracta|abstracto]], destacou como [[paisaxe|paisaxista]], con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o [[óleo]] (sobre [[lenzo]] ou [[madeira]]), e a [[serigrafía]]. Hai obra súa no [[Museo Municipal Quiñones de León]], o [[Museo de Belas Artes da Coruña]], o [[Museo Municipal de Ourense]], o Bello Janeiro de Ferrol e o de [[Toledo]], e en varias coleccións privadas e institucións públicas.<ref>{{Versaleta|[[Francisco de Pablos|Pablos, Francisco de]]}} [[et al.]]: Artigo "QUESADA PORTO, Antonio" en ''[[Gran Enciclopedia Galega]]''.</ref>