Pan de Neda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
→‎Historia: festa do pan de neda
Liña 12:
Durante os séculos XVII, XVIII e principios do XIX, Neda e [[Río Xuvia|Xuvia]] estaban consideradas o hórreo de Galiza. Entón a ría de Xuvia era navegable. No século XVIII produciuse en Ferrol a que está considerada a primeira folga de España cando aos traballadores tentaron trocarlles o pan de Neda por pan feito no propio estaleiro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/05/21/viaje-tripas-navantia/0003_201205F21C2992.htm "Un viaje a las tripas de Navantia"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 21 de maio de 2012 {{es}}.</ref> Existe unha captación que leva a auga do río Belelle cruzando a ría pola ponte do ferrocarril ata o arsenal militar.
 
[[File:Festa do Pan de Neda.jpg|thumb|dereita|350px|Festa do Pan de Neda en 2015.]]
As augas do Belelle xa tiñan sona como as mellores do país para a fiaduría, moenda de pan e saúde. En 1917, ''[[El Ideal Gallego]]'' publica un folleto de 16 páxinas titulado ''Estudio analítico, químico y bacteriológico del agua de La Fervenza'', escrito polo director do laboratorio municipal de Ferrol, [[Santiago de la Iglesia]]. Nel deixábase constancia científica da boa calidade das augas do Belelle e da súa pureza atopando nela fungos do xénero dos ''[[Pencilium]]''.