Feudalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A estrutura social feudal na súa meirande parte estaba constituída por unha lexión de campesiños que alimentaba todo o conxunto da sociedade por medio dunha economía de carácter agrario pechada. O poder, fundamentado na propiedade da terra, estaba en mans dunha aristocracia militar que exercía o control político e outra relixiosa que se reservaba o control ideolóxico. Estaba rexido por un complexo sistema piramidal de [[vasalaxe]], no que o rei estaba no cumio e os campesiños eran practicamente propiedade do seu [[señor feudal]]. Había cidadáns libres que só debían obediencia e vasalaxe ao rei nas cidades.
 
Había nobres de varios niveis, todos eles dentro da estrutura de vasalaxe. Así, o [[cabaleiro]] podía ser señor dunha aldea pertencente a un [[condado]], sendo polo tanto vasalo do [[conde]], que o sería á súa vez dun [[duque]] ou directamente do [[rei]]. Estes xuramentos estaban baseados na [[honra]] e na [[Fe (relixión)|fe]], até o punto de que se un nobre era excomungado polo papa, o seu señor podía despoxalo das súas pertenzas e os seus vasalos negarlle a obediencia e máis amaila lealdade.
 
[[Ficheiro:Cleric-Knight-Workman.jpg|miniatura|dereita|250px|Alegoría da sociedade feudal: un monxe, un cabaleiro e un campesiño, os tres estamentos.]] Este sistema daba lugar a moitas guerras internas, dende rebelións até reclamacións de nobres sobre outros títulos, e creaba situacións como que o rei de [[Inglaterra]] fose vasalo do rei de [[Francia]] por posuír territorios franceses como o [[ducado de Normandía]].