Feudalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Tradución do artigo en catalán.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Había nobres de varios niveis, todos eles dentro da estrutura de vasalaxe. Así, o [[cabaleiro]] podía ser señor dunha aldea pertencente a un [[condado]], sendo polo tanto vasalo do [[conde]], que o sería á súa vez dun [[duque]] ou directamente do [[rei]]. Estes xuramentos estaban baseados na [[honra]] e na [[Fe (relixión)|fe]], até o punto de que se un nobre era excomungado polo papa, o seu señor podía despoxalo das súas pertenzas e os seus vasalos negarlle a obediencia e máis a lealdade.
 
[[Ficheiro:Cleric-Knight-Workman.jpg|miniatura|dereita|250px|Alegoría da sociedade feudal: un monxe, un cavaleirocabaleiro e un campesiño, os tres estamentos.]] Este sistema daba lugar a moitas guerras internas, dende rebelións até reclamacións de nobres sobre outros títulos, e creaba situacións como que o rei de [[Inglaterra]] fose vasalo do rei de [[Francia]] por posuír territorios franceses como o [[ducado de Normandía]].
 
Entre o [[século IX]] e o [[século XII]] a sociedade europea vive a plenitude do feudalismo. Arraigou con máis forza nos dominios do [[Imperio Carolinxio]], noutras rexións a súa implantación foi máis superficial: na España cristiá polo enfrontamento contra o [[Islam]] e na Italia medieval polo contacto co [[Imperio bizantino]].