Sisnando II de Iria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
No ano 968 entran en Galiza os [[Viquingos en Galicia|viquingos]] de [[Gunrod]] e aproveitando a desorde avanzan por estes territorios sen apenas resistencia; [[Ramiro III]] sucedera a Sancho I no trono de León con tan só cinco anos e parte da nobreza galega, inimiga de Ramiro III, non apoiou as mulleres rexentes (a súa nai Tareixa e a súa tía Elvira) que non puideron organizar un exército para facer fronte aos escandinavos. Os campesiños fuxiron dos campos e os viquingos cometeron todo tipo de desmandos, o exército de Gunrod arrasou as igrexas de Boente, Santa Olalla de Curtis e os seus monxes foron feitos prisioneiros.
 
En marzo de 968 GunredGunrod chega ás portas de Compostela, onde acampa á espera de poder entrar con promesas que logo non cumprían ou para buscar o mellor modo de entrar a saquear, pero Sisnando II encargárase da súa fortificación e organizou un exército que o 29 de marzo do ano 968 se enfrontou aos viquingos na [[batalla de Fornelos]], parroquia de [[Rarís, Teo|Rarís]]. En terras de [[Teo, Teo|Teo]], o bispo Sisnando púxose á fronte das súas tropas de cabalaría en Fornelos, pero a súa temeridade levouno ao medio do [[campo de batalla]] sen maior defensa que o seu valor e morreu dun frechazo inimigo, quedando derrotadas as súas tropas e os viquingos entraron en Compostela.
 
== Bibliografía ==