George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 58:
Nos dous anos que seguiron, os [[The Quarrymen|Quarrymen]] evolucionan e cambian o nome varias veces ata que finalmente se deciden polo de ''The Beatles''. O grupo finalmente formado con [[John Lennon]], [[Paul McCartney]] e George Harrison na guitarra, [[Stuart Sutcliffe]] no [[baixo]] e [[Pete Best]] á batería parten en agosto de 1960 para [[Hamburgo]], despois de que [[Bruno Koschmider]], dono de varios clubs naquela cidade, os contratara para que estiveran alí durante 48 noites. Harrison, sendo en agosto de 1960 aínda menor de idade con 17 anos, obtivo o permiso de residencia en Hamburgo ao mentir ás autoridades alemás sobre a súa verdadeira idade.<ref>{{cita libro| |apelidos=Schinder |nome=Scott |ano=2007 |apelidos2=Schwartz |nome2=Andy |título=Icons of Rock: An Encyclopedia of the Legends Who Changed Music Forever|id=ISBN 978-0-313-33845-8|lingua=inglés|páxina=163}}</ref>
 
A educación musical improvisada que Harrison recibiu tocando durante moitas horas co resto do grupo, así como as clases de guitarra que el tomou con Tony Sheridan, sentou as bases do son dos Beatles, e da tranquilidade de Harrison que tivo un rol máis activo dentro da banda;<ref>Leng, Simon (2006) [2003]. While My Guitar Gently Weeps: The Music of George Harrison. SAF Publishing Ltd. ISBN 978-1-4234-0609-9.</ref> desta forma devidodebido á súa reputación pronto seria coñecido como "o Beatle tranquilo".<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/music/1432634.stm|título=George Harrison: The quiet Beatle|editor=BBC News|dataacceso=12.01.2012|data=30 novembro de 2001 |lingua=inglés}}</ref> A primeira estancia da banda en Hamburgo foi acurtada cando Harrison foi deportado por ser demasiado novo para traballar en clubs nocturnos.<ref>Miles, Barry (2001). The Beatles Diary: Volume 1: The Beatles Years. Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-8308-3.</ref>
 
En Inglaterra a banda toca no [[Cavern Club]] de Liverpool, nesta etapa adquire unha boa experiencia, antes de volver tocar en Alemaña en abril de 1961. Os Beatles son entón contratados para acompañar ao cantante [[Tony Sheridan]] no escenario e gravar con el o álbum [[My Bonnie]], cousa que fixeron, usando o nome de The Beat Brothers.<ref>Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9)</ref> Mentres tanto Harrison compon xunto con [[John Lennon]] a canción instrumental ''[[Cry for a Shadow]]'', canción na que fai unha interpretació memorable coa súa guitarra, sendo esta a unica canción acreditada a Harrison e Lennon conxuntamente.<ref group="a"> Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)</ref>.
Liña 65:
O 6 de xuño de 1962, o grupo arránxase para obter unha audiencia ante o productor [[George Martin]] quen lles asinou un contrato co selo [[Parlophone]], de [[EMI|EMI Records]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Daniel Ichbiah|2009|p=23}}</ref>. Ese día, cando Martin lles pasa os contratos pregúntalles si hai algo que non encaixe, Harrison inmediatamente responde: "Ben, para empezar, non me gusta a túa gravata"<ref group="a">{{Cita Harvard sen parénteses|Bill Harry|2003|p=1}}</ref>
 
Martin é seducido polo grupo, pero non lle gusta Pete Best, quen en realidade non atopaba o seu lugar entre os outros membros, que xa estaban planeando cambiar a batería. George, en particular, quen coñecia moito a [[Ringo Starr]], fai campaña para que se una ao grupo como bateriabatería. The Beatles sepáranse pois de Best sen anunciarlle a súa saída, e é Brian Epstein quen se encarga diso o 16 de agosto de 1962. ''«Non fomos moi brillantes neste caso»'' anotou George Harrison. Nos seguintes días, os afeccionados quéixanse deste cambio, e no Cavern Club, un espectador ponlle un ollo morado a Harrison porque defendeu ao novo membro do grupo.<ref group="a">{{Cita Harvard sen parénteses|Bill Harry|2003|p=54}}</ref>
 
E os Beatles o [[5 de outubro]] de [[1962]] gravaron o seu primeiro sinxelo, ''[[Love Me Do]]'', seguido a principios de 1963 do seu primeiro álbum ''[[Please Please Me]]'', que alcanzou o cume das listas británicas. Para Harrison asi como para o resto do grupo os exitos comenzan a emerxer e os concertos acumulanse.<ref name="Plassat p12">{{Cita Harvard sen parénteses|François Plassat|2011|p=12}}</ref>