Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castela - Castilla -> Castela
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 35:
[[Ficheiro:Galicia891.png|miniatura|esquerda|300px|Mapa político do Noroeste da [[Península Ibérica]] a finais do século IX.]]Vermudo Ordóñez e Diego Fernández morreron pouco antes do [[928]], pero xa desde [[926]] o infante Ramiro facíase cargo da provincia, cuxa fronteira sur avanzaba constantemente, ata chegar á vista do [[río Texo]] desde os seus centros principais de [[ Viseu, Portugal |Viseu]] e [[Coimbra]]. Este territorio do norte do actual [[Portugal]], con título de reino foi adxudicado ao novo Ramiro ao finalizar a contenda sucesoria entre os Froilaz e os Ordóñez. O infante, que debía de contar por estes días os 25 anos e estaba xa casado con [[Adosinda Guterrez]], filla do conde [[Gutier Osoriz]] e [[Ildoncia Menendez]].
 
[[Afonso IV de León|Afonso]], o futuro "monxe", coroouse solemnemente en León o [[12 de febreiro]] de [[926]], e once días despois Ramiro, o seu irmán, achábase xa en [[ Viseu, Portugal|Viseu]], capital do seu pequeno reino, onde quixo dar o primeiro testemuño da súa realeza e o primeiro recoñecemento público da súa débeda de gratitude e afecto aos seus ''pais nutricios'', Diego Fernández e Onega, agora representados pola súa filla [[Muniadona Díaz]] e [[Hermenexildo González]], esposo desta, a quen doou a vila de [[Creximiri]], solemnizando o acto coa presenza e subscrición de dezaseis personaxes que deberon ser o selecto grupo do seu séquito oficial.