Abrir o menú principal

Cambios

Bagdad posúe un clima moi caloroso e árido (''BWh'', segundo a [[Clasificación climática de Köppen|táboa de Köppen]]), sendo unha das cidades máis calorosas do mundo.<ref>http://wwis.aemet.es/154/c01464.htm</ref> Durante o [[verán|período estival]], de xuño a agosto, a temperatura media é de 34,8&nbsp;°C, acompañada de sol constante. A chuvia é practicamente descoñecida na zona nesa estación. Durante o día, os termómetros poden dispararse ata os 50&nbsp;°C á sombra e pola noite baixar ata os 25&nbsp;°C. A [[humidade]] é tamén moi baixa debido á distancia que separa a cidade do [[Golfo Pérsico]], o que axuda a que se formen frecuentemente tormentas de po que se orixinan no deserto.
 
Durante o [[inverno]], de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26&nbsp;°C e as mínimas habitualmente nos -6&nbsp;°C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10&nbsp;°C. A presenciapresenza do [[río Tigris|Tigris]], atenúa o efecto do clima continental.
 
A [[chuvia]] anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 mm. O [[11 de xaneiro]] de [[2008]] produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de [[xeo]], a primeira en 100 anos.<ref>[http://web.archive.org/web/20070609092458/http://afp.google.com/article/ALeqM5huPkYk4bGVvo1Sa1tWeH-tgENiFw Afp.google.com, First snow for 100 years falls on Baghdad]</ref>
193.041

edicións