Sisnando II de Iria: Diferenzas entre revisións

nobre e bispo galego
Contido eliminado Contido engadido
Tradución do artigo en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2015 ás 15:59

Sisnando Menéndez (m. 29 de marzo de 968), máis coñecido como Sisnando II de Iria, nobre e bispo galego da Idade Media, fillo do conde Hermenexildo Alóitez e Paterna Gundesindez (fundadores do Mosteiro de Santa María de Sobrado). Fíxose cargo dos enclaves militares para a defensa da costa galega contra os ataques de piratas viquingos e sarracenos. Sobre o ano 960 levantou un castelo sobre o castro de Cedofeita, restaurou as torres da Lanzada (O Grove) e San Sadurnino en Cambados, que, xunto con outros puntos coma o miradoiro de Lobeira, o Facho de Donón (Cangas) e o campanario de san Cibrán de Calogo (Vilanova de Arousa) compoñían un sistema de vixilancia e defensa costeira contra ataques tanto por mar coma polo interior.

O bispo Sisnando conseguiu do rei Sancho I de León o Craso permiso para amurallar a cidade de Compostela, á que dotou de novas torres grandes e fosos reforzando a catedral, pero finalmente Sisnando se rebelou contra o rei e se encarcerou. No seu lugar foi nomeado san Rosendo como bispo de Iria-Flavia, pero á morte de Sancho I fuxiu do cárcere e expulsou a san Rosendo pola forza de Compostela, que lle profetizou «Aquel que a espada fere, a espada morrerá» cando o deposto Rosendo foi violentado no seu apousento a noite de nadal do ano 966.

No ano 968 entran en Galicia os viquingos de Gunderedo e aproveitando a desorde avanzan por estes territorios sen apenas resistencia; Ramiro III sucedera a Sancho I no trono de León con tan só cinco anos e parte da nobreza galega, inimiga de Ramiro III non apoiou as mulleres rexentes (a súa nai Teresa e a súa tía Elvira) que non puideron organizar un exército para facer fronte aos escandinavos. Os campesiños fuxiron dos campos e os viquingos cometeron todo tipo de desmandos, o exército de Gunderedo arrasou as igrexas de Boente, Santa Olalla de Curtis e os seus monxes foron feitos prisioneiros.

En marzo de 968 Gunderedo chega ás portas de Compostela, onde acampa á espera de poder entrar con promesas que logo non cumprían ou para buscar o mellor modo de entrar a saquear, pero Sisnando II encargárase da súa fortificación e organizou un exército que o 29 de marzo do ano 968 se enfrontou aos viquingos na batalla de Fornelos, parroquia de Rarís. En terras de Teo, o bispo Sisnando púxose á fronte das súas tropas de cabalaría en Fornelos, pero a súa temeridade levouno ao medio do campo de batalla sen maior defensa que o seu valor e morreu dun frechazo inimigo, quedando derrotadas as súas tropas e os viquingos entraron en Compostela.