Petróglifo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*arroxar
Liña 21:
Existen outras teorías que sosteñen que os petróglifos foron realizados polos [[chamán]]s nun [[estado alterado de conciencia]], quizais inducido polo uso de [[alucinóxeno]]s naturais. Demostrouse que moitos dos modelos xeométricos (coñecidos como constantes de forma) que aparecen nos petróglifos e pinturas rupestres están "enroscados" no cerebro humano, ata aparecen con moita frecuencia en problemas de visión e alucinacións producidas polas [[drogas]], a [[migraña]] e outros estímulos.
 
Os vínculos actuais entre o chamanismo e a arte rupestre entre o pobo san do deserto do [[Kalahari]] foron obxecto de estudo polo Rock Art Research Institute (RARI) da [[Universidade de Witwatersrand]]. Aínda que a arte do pobo san céntrase na pintura, os motivos que se esconden tras esta poden arroxarbotar algo de luz e ser a base para a comprensión doutros tipos de arte, incluíndo os petróglifos. Como aparece no sitio web do RARI:
:''Ao utilizar o coñecemento das crenzas do pobo san, os investigadores demostraron que a arte realiza un papel fundamental nas vidas relixiosas dos seus pintores. A arte captou cousas que o mundo san viu tras os rostros de pedra: o outro mundo habitado por criaturas e espíritos, ata o que os danzaríns poderían viaxar baixo formas animais e de onde as persoas en éxtase poderían tomar poder e levalo ao seu mundo para curar, facer chover etc.''.