Abrir o menú principal

Cambios

m
[[Ficheiro:De overgave van breda Velazquez.jpg|miniatura|esquerda|250px|''[[A rendición de Breda]]'' (1625) de [[Ambrosio Spinola]], por [[Velázquez]]. Non se representa o triunfalismo habitual da vitoria.]]
 
En 1618, tras as [[defenestracións de Praga]], Austria e o Emperador do Sacro Imperio Romano, [[Fernando II de Habsburgo|Fernando II]], embarcáronse nunha campaña contra a [[Unión Protestante]] e [[Bohemia]]. O novo rei e os seus validos eran considerablemente máis activos que Filipe III, pero ata durante os últimos anos deste, Zúñiga, que xa gozaba dunha posición elevada na corte, conseguira o apoio aos Habsburgo austríacos na guerra, e Ambrosio Spinola, a crecente estrela do exército español, foi enviado como o xefe do [[Exército de Flandres]] para intervir, invadindo o [[Palatinado]]. Así, España entrou na [[Guerra dos Trinta Anos]]. Á morte de Zúñiga en 1622, este foi substituído polo seu sobriño [[Conde-Duque de Olivares|Gaspar de Guzmán e Pimentel, conde-duque de Olivares]], un home capacitado que cría que o centro de todas as traxedias de España atopábase en Holanda. Logo de certos contratempos iniciais, os bohemios foron derrotados na [[batalla da Montaña Branca]] en 1621, e de novo en [[Batalla de Stadtlohn|Stadtlohn]] en 1623. Mentres estivo en vigor a tregua dos doce anos, España estaba en paz cos Países Baixos protestantes, pero a tregua, que expiraba en 1621, non se renovou, engadindo outra fronte de conflito. Spinola [[Asedio de Breda (1625)|tomou a fortaleza de Breda]] en 1625. A intervención do rei danés [[Cristián IV]] na guerra aumentou as preocupacións (Cristián era un dos poucos monarcas de Europa que non tiña problemas coas súas finanzas) pero a vitoria do xeneral imperial [[Albrecht von Wallenstein]] sobre os daneses en [[Batalla de Dessau|Dessau]] e de novo en [[Batalla de Lutter|Lutter]], ambas en 1626, eliminou a ameaza. Houbo esperanza en Madrid de que os Países Baixos podían ser finalmente reincorporados dentro do Imperio, e logo da derrota de Dinamarca os protestantes en Alemaña parecían apagados. Francia viuse envolvida de novo nas súas propias inestabilidades (o famoso [[asedio da Rochelle]] comezou en 1627), e a preeminencia de España parecía irrefutable. O conde-duque de Olivares estridentemente afirmou "DiosDeus é español e combate coa nosa nación estes días" (Brown and Elliott, 1980, p. 190) e moitos dos adversarios de España estarían de acordo de mala gana.
 
== O camiño cara a Rocroi (1626-1643) ==
99.496

edicións