Gameto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 46 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q211050
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
En [[bioloxía]], os '''gametos''' (do grego ''Gameto'', cónxuxe) son cada unha das [[célula]]s sexuais que ó se fusionarfusionaren, durante a [[fecundación]], forman un novo individuo. Nos organismos pluricelulares, a célula formada por fusión dos gametos chámase [[cigoto]]. Á formación de gametos denomínase [[gametoxénese]]. Os órganos que producen os gametos chámanse [[gónada]]s nos animais, e gametanxios nos organismos vexetais.
 
Nos [[Animalia|animais]], os gametos proceden dunha estirpe celular específica chamada [[liña xerminal]], diferenciada en etapas temperás do desenvolvemento, e chámanse [[óvulo]] o feminino e [[espermatozoide]], o masculino.
 
Nas [[Plantae|plantas]], o gameto feminino denomínase oosfera, e o gameto masculino que fecunda áa oosfera é un dos núcleos espermáticos que se atopan no extremo do tubo polínico.
 
A célula resultante da fusión dos gametos reúne os cromosomas de ambos os dous, así que os gametos adoitan ser células [[haploide]]s. En organismos [[diplonte]]s, como os animais, a formación dos gametos implica un proceso de [[meiose]], cacoa súa correspondente redución cromosómica. En organismos [[haplodiplonte]]s, como as plantas, os gametos son producidos pola fase haploide (gametófito), mentres que é a fase diploide (esporófito), producida precisamente a partir da fecundación, a que produce esporas por meiose.
 
== Disparidade ==