St. Louis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 81:
Na maior parte da zona residencial da cidade, plántanse árbores grandes que fagan sombra e que sexan autóctonos. A maior área de [[bosque autóctono]] atópase no [[Forest Park]]. En outono, o cambio de cor das follas nótase moito. A maioría das especies son típicas do leste, aínda que numerosas [[especies]] son [[invasoras]], coma a madreselva xaponesa, que trata de retirarse dos parques.
 
Os grandes mamíferos que se encontran na cidade son [[coiote]]s e [[cérvidos|veados]] de cola branca, roedores como o [[esquío]] gris oriental e o [[coello]] de cola de algodón, así como a [[sarigüeia de Virxinia]]. As aves grandes son abundantes nos parques, como o [[ganso do Canadá]] e o [[lavanco]]s, así como aves costeiras como a [[garza branca]] ou a [[Ardea herodias|garza cinza]]. As gaivotas son comúns ao longo do río Mississippi, xa que estas especies seguen o tráfico de barcazas. En inverno, atópanse poblacións de [[Haliaeetus leucocephalus|aguias calvas]] xunto ao río Mississippi, en torno á ponte de [[Chain of Rocks]]. A cidade está na ruta migratoria do Mississippi, utilizada por aves migratorias, e ten unha grande variedade de especies de aves pequenas, comúns ao leste dos EUA. O [[Passer montanus|pardal orelleiro]], unha esprecie introducida, limítase en AmericaAmérica do Norte aos condados dos arredores de St. Louis. [[Tower Grove Park]] é unha área de observación de aves moi coñecida na cidade. As ras atópanse de xeito común na primavera, sobre todo despois de extensos períodos húmidos. As especies comúns inclúen o sapo ''Anaxyrus americanus'' e as ras ''Pseudacris crucifer'', que se atopan na primavera en case todos os estanques. Ao redor destes lugares atopamos tamén [[maruxiña|xoaniñas]] e [[carricanta]]s. Os mosquitos e as moscas domésticas comúns son moi abundantes, polo que os edificios adoitan contar con pantallas protectoras. As poboacións invasoras de [[abella]]s diminuíron moito nos últimos anos, e numerosas especies nativas de [[insectos polinizadores]] recuperáronse para encher o seu [[nicho ecolóxico]].
 
== Demografía ==