Campo, Covelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
actualizo datos de poboación
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
}}
'''Santa María de Campo''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Covelo]] na [[comarca da Paradanta]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 147 habitantes. Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.
 
== Información ==
O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.<ref>{{Cita web|url = http://www.concellodecovelo.es/?sec=26&parroquia=campo|autor = Concello de Covelo|título = Campo|dataacceso = 04/09/2015}}</ref>
 
== Patrimonio==
Conta cun [[foxo de lobo]] que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración no ano [[2013]].<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/50184/2013/10/foxo-do-lobo-de-campo/ Ficha en Patrimoniogalego.net]</ref>
 
==Lugares e parroquias==