Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
Dos últimos comentarios de Mahler sobre a xestación da sinfonía, é evidente que o esquema en catro movementos durou relativamente pouco. Axiña substituiría os últimos tres movementos por unha única sección, esencialmente unha [[cantata]] dramática, baseada na escena final do ''[[Fausto (Goethe)|Fausto]]'' de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]], a Parte II -a descrición dun ideal de [[redención]] a través da feminidade eterna (''das Ewige-Weibliche'').<ref>{{cita Harvard|Kennedy|1990|p=77|sp=si}}</ref> Mahler aspirou durante moito tempo a poñer ao final do épico ''Fausto'' música, "de xeito bastante distinto ao resto de compositores que o fixeran empachoso e feble".<ref name="Mitch519">{{cita Harvard|Mitchell|1985|p=519|sp=si}}</ref>{{#tag:ref|Mahler non fixo mención algunha ás obras que estaba criticando. O arranxo anterior máis prominente da escena final de Goethe é de [[Robert Schumann]], e o tratamento dos dous compositores difire no ton e os detalles: por exemplo, onde Schumann asigna a Mater Gloriosa a unha contralto baixa, Mahler compón esas liñas para soprano alta. Outros predecesores poden encontrarse en ''Faust in Music'' (Universidade de Pittsburgh, 1916), Coit Roscoe Hoechst enumera máis dunha ducia de exemplos de música sobre ''Fausto'', incluíndo a composta por personalidades ben coñecidas: [[Charles Gounod]], [[Louis Spohr]], [[Hector Berlioz]]. O arranxo que Mahler fixo da obra non se menciona.|group = nota}} En comentarios gravados polo seu biógrafo [[Richard Specht]], Mahler non menciona en ningún momento o esquema en catro movementos que tiña pensado nun principio. Contoulle a Specht que téndose encontrado por casualidade co himno ''Veni Creator'', tivo unha visión repentina da obra ao completo: "Vin a peza enteira inmediatamente ante os meus ollos e só tiven que escribila como se me fose ditada".<ref name="Mitch519" />
 
A obra foi escrita a un ritmo frenético, "en tempo récord", segundo o musicólgo [[Henry-Louis de La Grange]].<ref name="DLG890">{{cita Harvard|La Grange|2000|p=890|sp=si}}</ref> O esencial foi completado cara a mediados de agosto, e iso a pesar de que Mahler tivo que ausentarse durante unha semana para asistir ao [[Festival de Salzburgo]].<ref>{{cita Harvard|Kennedy|1990|p=149|sp=si}}</ref><ref>{{cita Harvard|La Grange|2000|pp=432–47|sp=si}}</ref> Mahler comezou a compoñer o himno ''Veni Creator'' sen esperar a que o texto lle chegara de Viena. Unha vez chegou, de acordo con Alma Mahler, "o texto completo encaixaba coa música perfectamente. De xeito intuitivo compuxera a música para as estrofas completas [versos]".{{#tag:ref|Mitchell agrega unha advertencia a este recordo: "unicamente nas partes do himno que puido completar a súa música cando o texto chegou". Dada a magnitude do movemento e a súa complexidade, a suxerenciasuxestión de que foi composta na súa totalidade antes de ter o texto é, en opinión de Mitchell, imposible de aceptar.<ref name=Mitch523 />|group = nota}} Aínda que se realizaron algunhas correccións e cambios na partitura, apenas hai evidencias nos manuscritos de que se tiveran reescrito páxinas ou feito modificacións radicais, a diferenza de anteriores sinfonías ao ser preparadas para os ensaios previos á estrea.<ref name="Mitch523">{{cita Harvard|Mitchell|1985|pp=523–25|sp=si}}</ref> A sinfonía está adicada á "súa querida muller Alma Maria".<ref name="dover" />
 
Co uso de elementos vocais durante toda a composición, máis que en episodios ao final ou preto del, a obra foi a primeira sinfonía completamente coral que se escribiu.<ref name="K151">{{cita Harvard|Kennedy|1990|p=151|sp=si}}</ref> Mahler non tivo dúbidas sobre o carácter innovador da sinfonía, calificándoa como a cousa máis grande que fixera, e mantiña que todas as súas sinfonías anteriores non eran máis que un preludio da mesma. "Traten de imaxinar o universo enteiro comezando a soar e resoar. Xa non hai voces humanas, senón planetas e soles xirando". Foi o seu "agasallo á nación [...] un gran portador de ledicia".<ref>{{cita Harvard|La Grange|2000|p=926|sp=si}}</ref>