Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 107:
=== Cámara ===
[[Ficheiro:O millo, ao xeito, Boiro.jpg|200px|miniatura|dereita|Cámara dunha hórrea en Boiro.]]
A cámara é o recinto no que se almacena o gran. Polo xeral ten planta rectangular e altura, anchura e lonxitude variables. Os hórreos maismáis longos chegan a superar os 35 metros, como o de Lira, o de Araño ou o de Carnota. Está formada por un chan chamado ''lastra'', dúas paredes lonxitudinais chamadas ''costais'' e dúas transversais chamadas ''cabaceiras'' ou ''penais''. Sopórtase todo sobre un bastidor chamado ''marco'' composto de dúas trabes chamadas ''doelas'', ''mesas'' ou ''pontóns'' nos lados longos e dous traveseiros ou ''cabezas'' nos lados curtos. Este esquema construtivo básico ten moitas variantes segundo as zonas, as técnicas e os materiais empregados.
 
A largura da cámara oscila entre 1,30 e 1,50 metros, co obxecto de que as espigas non estean moi lonxe da parede. A cámara está constituída polas seguintes partes: unhas vigas inferiores chamadas ''grades'' ou ''pontóns'', o solo de táboas sobre elas, unhas columnas, as ''padieiras'' ou linteis, e os ''pinches''; uns elementos de peche ou paredes laterais, de materiais diversos e con numerosas fendas de ventilación; unhas vigas superiores chamadas ''soleiras''; e uns elementos de cobertura que acostuman ser a dúas augas. As paredes permiten a ventilación por todos os costados e a estrutura protéxese da choiva cun tellado de tella a dúas [[auga (arquitectura)|augas]] que se adorna nos dous extremos con cruces e outras formas en pedra.<ref name="jls"/>
Liña 113:
A cámara combina a madeira e a pedra en diferente proporción, coa singular particularidade de que o catálogo de partes que a compoñen se mantén, con independencia do material, aínda que adaptando o seu despece e as súas proporcións. Os paramentos de pedra poden cobrar solucións variadísimas e estar feitos de perpiaño entre forras, de cantería, de cachotería en seco, de postes biselados, de celosía de xisto, de perpiaños alternados e, máis recentemente, de ladrillo cerámico oco ou perforado. Os paramentos de madeira poden estar formados por tramas de madeira con balaústres verticais ou, máis escasamente, horizontais. Cada unha destas solucións pode constituír o paramento enteiro ou estar este formado por tramos descontinuos ou de distinta fábrica.<ref name="casa"/>
 
En Portugal, nos distritos de Aveiro e Porto, as cámaras tenden a ser estreitas e de madeira e nelas predomina o emprego de paredes inclinadas cara a fóra e grandes beirís que eviten a entrada de auga de chuvia.
 
=== Elementos ornamentais e simbólicos ===