Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 43:
[[Ficheiro:Cantiga de Santa Maria CLXXXVII - Horreos.jpeg|miniatura|dereita|200px|Miniatura das Cantigas de Santa María.]]
 
O uso dos celeiros aéreos vai xunguido ao cultivo do [[paínzo]], que xa se practicaba na cultura dos [[Castro (poboado)|castros]], como o demostran os achados de sementes torradas en diversas citanias e que se gardan no Museu [[Leite de Vasconcelos]], en Portugal. Algúns autores ven no hórreo unha prolongación da [[palafita]],<ref>Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, 1986. ISBN 84-7090-168-0.</ref> mentres que para outros é unaunha dependencia doméstica segregada da [[casa]].<ref name="jls"/> Sobre a súa orixe contamos coas mencións de autores latinos, que non despexan as dúbidas sobre o aspecto formal dos celeiros aos que fan referencia.
 
Haberá que agardar á representación miniada de tres hórreos nas [[Cantigas de Santa María]], no [[século XIII]], cun aspecto moi semellante ao que teñen na actualidade. Cada un deles consta dunha cámara estreita e longa sobre catro esteos con tornarratos, unha porta no testeiro en [[Arco (arquitectura)|arco]] de ferradura e cuberta de [[Tella (construción)|tella]] curva a dúas augas, sen beiril, sobrepenas nin cruceiro. Esta similitude formal suxire que en Galicia o seu uso é moi anterior ao comezo do cultivo do millo, probablemente ligado ao cultivo do paínzo ou millo miúdo. Porén, a ausencia de doelas e pontóns nas paredes costais non permite a ventilación do interior da cámara, polo que estamos ante un tipo de hórreo aínda non especializado na conservación do millo.<ref name="xl">Lorenzo Fernández, X. ''A terra''. Editorial Galaxia, 1982. ISBN 84-7154-407-5, 9788471544070.</ref>