Mestre Mateu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
 
== Discípulos ==
Á sombra do gran mestre foise formando, dende [[1168]] ataaté algo máis alá de [[1200]], un grupo de artistas que traballaron durante décadas baixo a súa dirección. Hai no Pórtico un estilo naturalista tradicionalmente atribuído á man do mestre principal e que se exemplifica nas imaxes pétreas do profeta Daniel e o Santiago do parteluz; dúas pezas que mostran unha posibleposíbel influencia directa da arte francesa de vangarda, sobre todo da escultura da fachada da [[basílica de Saint-Denis]] de París ([[1140]]), edificio que puido recibir a visita do mestre compostelán, posto que a Igrexa de Santiago mantiña dende fins do [[século XI]] fortes relacións coas igrexas francesas. Non sería impensableimpensábel, polo tanto, que o mozo Mateo, se se ten en conta a súa posibleposíbel orixe compostelá, formase parte dalgunha delegación eclesiástica en viaxe a [[Francia]]. Neste periplo tería oportunidade de coñecer directamente, ou a través de debuxos e bosquexo, a nova arte auspiciada polo abade Suger de Saint-Denis.
 
A tradición francesa na cultura compostelá foi especialmente fecunda en época de [[Diego Xelmírez|Xelmírez]], influencia que sen dúbida continuaría no ambiente artístico vivido por Mateo na Compostela das décadas de [[1150]]-[[1160]], época na que xerminaría o seu talento e principiaría a súa actividade. A apertura de miras deste artista e a mestizaxe cultural que promove, xunto coa alta calidade dos escultores e canteiros que integran o seu tallerobradoiro, van configurar os sinais de identidade máis característicos do estilo mateán, en concreto da personalidade do Pórtico da Gloria e de toda a arte derivada del. Por outra parte, a variedade estilística da obra mateá é boa proba da vitalidade cultural da cidade de Santiago no século XII, meta da peregrinación occidental.
 
==Galería de imaxes==