Diferenzas entre revisións de «Xuízo ás Xuntas»

m (en Arxentina]] -> na Arxentina]])
O [[9 de decembro]] ditouse a [[Sentenza xudicial|sentenza]] condenando a [[Jorge Rafael Videla]] e [[Emilio Eduardo Massera]] a reclusión perpetua, a [[Roberto Eduardo Viola]] a 17 anos de prisión, a [[Armando Lambruschini]] a 8 anos de prisión e a [[Orlando Ramón Agosti]] a 4 anos de prisión. Os acusados [[Omar Domingo Rubens Graffigna|Omar Grafigna]], [[Leopoldo Galtieri]], [[Jorge Isaac Anaya]] e [[Basilio Lami Dozo]] non foron condenados por non haberse podido probar os delitos que se lles imputaban.
 
A sentenza foi lida por [[León Arslanián]] na súa condición de presidente da Cámara Federal. Fundamentalmente oa fallosentenza recoñeceu que as xuntas deseñaron e implementaron un plan criminal e rexeitou a lei amnistía sancionada polo último goberno militar. Sinala tamén que cada forza actuou autonomamente e que as penas deben ser graduadas en función diso. Finalmente, concluíu que a fiscalía non puido probar que, con posterioridade a [[1980]] cometéronse crimes que puidesen ser responsabilidade da xunta militar, exculpando así á terceira xunta (Galtieri-Amaya-Lami Dozo).
 
Nun dos parágrafos da extensa sentenza pode lerse:
{{Cita|En suma puede afirmarse que los comandantes establecieron secretamente, un modo criminal de lucha contra el terrorismo. Se otorgó a los cuadros inferiores de las Fuerzas Armadas una gran discrecionalidad para privar de libertad a quienes aparecieran, según la información de inteligencia, como vinculados a la subversión; se dispuso que se los interrogara bajo tormentos y que se los sometiera a regímenes inhumanos de vida, mientras se los mantenía clandestinamente en cautiverio; se concedió, por fin, una gran libertad para apreciar el destino final de cada víctima, el ingreso al sistema legal (Poder Ejecutivo Nacional o justicia), la libertad o, simplemente, la eliminación física.}}
 
== Transcendencia do fallo ==
Polas características que tivo, a condena ás xuntas militares realizada por un goberno democrático constituíu un feito sen precedentes en América Latina, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron lugar naqueles anos en [[Uruguai]], [[Chile]], [[Brasil]], [[España]], [[Portugal]] e [[Suráfrica]].
 
24.150

edicións