Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
+1 ref
Liña 20:
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Riep]], na [[Provincia de Siem Riep|provincia homónima]] de Cambodja, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000 km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km de oeste a leste e 1,3 km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en }}</ref> ), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto -entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Se ben a hipótese máis probable sostén que se trata en realidade dun [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte.<ref>{{Cita Harvard|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> De feito, a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios, e non no leste, como acostuma a suceder nos templos hindús.
 
O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos de altura crecente, rodeados por un lago perimetral de 3,6 km de lonxitude e dunha anchura de 200 m. No recinto interior érguense cinco torres en forma de loto, acadando a torre central unha altura de 42 m sobre o santuario,<ref name=ref_duplicada_11>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=52}}</ref> e 65 m sobre o nivel do chan.<ref name=hh />