Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
+1 ref
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
}}
[[Ficheiro:Angkor Wat ausSO.jpg|miniatura|300px|Os templos de Angkor.]]
'''Angkor Wat''' (en [[lingua khmer]] {{lang|km|អង្គរវត្ត}} ou '''Ângkôr Vôtt''', traducido como ''Cidade templo'' ou ''Cidade de templos'') é un templo [[Pobo khmer|khmer]], situado no sitio arqueolóxico de [[Angkor]], en [[Cambodja]], preto da cidade de [[Siem Reap]]. Trátase do [[templo]] máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída,<ref name=elpais/> e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo. Consonte o [[Libro Guinness dos Récords]] é o meirande sitio relixioso do mundo.<ref>{{Cita web|url=http://www.guinnessworldrecords.com/world-records/largest-religious-structure/|título=Largest religious structure|lingua=en|data-acceso=1 de setembro de 2015|páxina-web=Guinnes World Records}}</ref> É o lugar do país máis visitado polos turistas anualmente, cuns 800&nbsp;000 visitantes por ano.<ref>{{Cita web|url=http://www.travelandleisure.com/slideshows/worlds-most-visited-ancient-ruins/21|titulotítulo=No. 20 Angkor Wat, Angkor Archaeological Park, Cambodia|páxina-web=Travel+Leisure|lingua=en|data=23 de maio de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015|apelidos=Orcutt|nome=April}}</ref> Foi fundado orixinalmente como templo [[hinduísmo|hindú]] para o [[Imperio khmer]], mais gradualmente transformado nun templo [[budismo|budista]] cara ao final do [[século XII]].<ref name="cyark">{{Cita web |url=http://www.cyark.org/news/recycling-monuments-the-hinduismbuddhism-switch-at-angkor |título=Recycling Monuments: The Hinduism/Buddhism Switch at Angkor |nome=Ashley M. |apelidos=Richter |data=8 de setembro de 2009 |editorial=[[CyArk]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Riep]], na [[Provincia de Siem Riep|provincia homónima]] de Cambodja, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000 km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km de oeste a leste e 1,3 km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en }}</ref> ), e os sucesivos ''templos de galería''.