MBC Dinamo Moscova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Evgeny Voronov at all-star PBL game 2011 (1).JPG|miniatura|left|150px|Evgeny Voronov, ex-xogador do MBC Dinamo Moscova.]]
Fundado en [[1923]], dentro da [[Unión Soviética]], o Dinamo é un dos máis antigos clubs deportivos do país. O seu nome foi elixido porque [[Dínamo]] significa "poder en movemento". O club foi apoiado pola [[Estado político ditatorial|Dirección Política do Estado]] (''GPU''), un aparello policial da [[URSS]]. É por iso que o equipo sempre foi coñecido como o club da policía, mentres que o seu eterno rival da cidade, o [[PBC CSKA Moscova|CSKA Moscova]] era o club do [[Exército Vermello]]. Con todo, a conexión entre a policía e os deportistas do Dinamo é inexistente dende hai anos. O Dinamo gañou rapidamente unha reputación fóra das fronteiras da Unión Soviética debido ao seu éxito nos principais deportes como [[fútbol]], [[balonmán]], [[hóckey xeo]] e, por suposto, o [[baloncesto]]. O Dinamo de Moscova de baloncesto gañou o Campionato da URSS en [[1937]] e [[1948]], chegando a disputar tamén a final en [[1944]] e [[1990]].