Isaac Peral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], o submarino foi finalmente botado o [[8 de setembro]] do [[1888]]. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía suministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba ademais un tubo lanzatorpedos, tres [[torpedo(arma)|torpedo]]s, [[periscopio]], un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.
 
As probas oficiais desenvolvéronse ao longo de [[1889]] e [[1890]]. Convén dicir que non se lle concedeu permiso para efectuar a proba clave, que solicitara o propio inventor: atravesar sumerxidosomerxido o estreito de [[Xibraltar]], dende [[Alxeciras]] até [[Ceuta]]. Malia o cal, amosou nas probas que se verificaron, que podía navegar en inmersión á vontade do seu comandante, co destino, rumbo e cota prefixados e en mar aberto. Ademais, amosou que podía atacar, sen ser visto, a calquera buque de superficie. A Comisión Técnica nomeada ó efecto, avalou o éxito das probas do primeiro submarino da historia. Porén, escuros intereses nunca aclarados, motivaron que as autoridades do momento desbotasen o invento e alentasen unha campaña de desprestixio contra a persona do inventor, quen tivo que solicitar a baixa na Mariña e tentar aclarar á opinión pública a verdade de ocorrido.
 
O [[5 de novembro]] do [[1891]] licenciouse do servizo, e foi operado de [[cancro]] en [[Madrid]], mais impídeselle publicar o seu "Manifesto" en ningún medio de comunicación. Finalmente, conseguiu publicalo, costeándoo do seu peto, nun periódico satírico chamado ''El Matute''.