Baia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
== Orixe e difusión ==
Baia / Olalla é a evolución galegogalega do nome culto Eulalia. Este deriva do adxectivo grego ''eulalos'', composto de ευ (''eu'', "ben") e λαλεω (''laleo'', "falar"); o significado pode ser interpretado como "o que fala ben", "que fala con dozura"<ref>{{cita web|lingua=en|url=http://www.etymonline.com/index.php?term=Hilary|titolo=Hilary|sitio = Online Etymology Dictionary|accesso=5 novembro 2014}}</ref>, "elocuente". A forma grega do nome sería Ευλαλια (''Eulalia''), aínda que só está documentado o masculino Ευλαλιος (''Eulalios''), latinizado despois tanto ao masculino coma ao feminino.
 
A difusión do nome débese ao culto ás santas así chamadas, en particular ás dúas mártires españolas, unha de [[Barcelona]] e a outra de [[Mérida, España|Mérida]]. O nome é sonado ademais de en España, en Portugal e Francia. En [[Italia]] a notoriedade do nome aumentou grazas a unha canción de [[Quartetto Cetra]] de 1947, ''Eulalia Torricelli da Forlì''. En [[Inglaterra]], en época [[medievo|medieval]], ''Eulalia'' semella confundirse en parte co nome ''Ilaria, Hilary''.