Catedral de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
A catedral actual construíuse durante os séculos [[século XIII|XIII]] a [[século XV|XV]] sobre a antiga catedral [[románico|románica]], edificada á súa vez sobre unha igrexa da época [[visigodos|visigoda]] á que precedeu unha basílica [[Arte paleocristiá|paleocristiá]], cuxos restos poden verse no subsolo, no [[Museo de Historia de Barcelona|Museo de Historia da Cidade]]. A finalización da impoñente fachada no mesmo estilo, con todo, é moito máis moderna ([[século XIX]]). O edificio é [[Ben de Interese Cultural]] e, desde o [[2 de novembro]] de [[1929]], Monumento Histórico-Artístico Nacional.
 
Está dedicada á [[Vera Cruz|Santa Cruz]] (''Santa Creu'') e a [[EulaliaBaia de Barcelona|Santa Baia]] (''Santa Eulàlia''), patroa da cidade de Barcelona (actualmente é máis celebrada como tal a [[Virxe da Mercé]] que, estritamente, é patroa da [[Arquidiocese de Barcelona|diocese de Barcelona]], pero non da cidade), unha nova doncela que, de acordo coa tradición católica, sufriu o martirio durante a época romana. Unha de tales historias conta que foi exposta espida no foro da cidade e que milagrosamente, a metade de primavera, caeu unha nevada que cubriu a súa *desnudez. As autoridades romanas metérona nun barril con vidros rotos, cravos e coitelos cravados nel e lanzaron costa abaixo o barril (de acordo coa tradición, trataríase da rúa ''Baixada de Santa Eulàlia''). E así, ata trece martirios diferentes, un por cada ano de idade da santa. Finalmente, foi crucificada nunha cruz en forma de aspa, que é o emblema da catedral e a diocese, así como o atributo iconográfico da santa.
 
A catedral conta cun claustro gótico no que viven trece [[Ganso|ocas]] brancas (cóntase que Eulalia tiña trece anos cando foi executada e que pastoreaba ocas no seu predio de [[Sarrià]], preto da cidade).