Louis-Ferdinand Céline: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 9:
Foi destinado ao consulado francés en [[Londres]], onde frecuenta os baixos fondos. En [[1915]] casou con Suzanne Nebout, unha camareira francesa que vivía en Londres, pero o matrimonio non foi rexistrado no consulado francés. En [[1916]] alistouse como encargado de explotación forestal e partiu a [[África]], onde contraeu [[malaria]] durante o ano que alí pasou. Ao seu regreso a París traballou na revista científica ''[[Eureka (revista)|Eureka]]'', onde coñeceu o doutor [[Athanase Follet]], un director dun colexio médico, baixo cuxa influencia estudou medicina.
 
Rematou o bacharelato e en [[1919]] casou con [[Edith Follet]], filla de Athanase. A mediados da década de 1920 integrouse na [[Sociedade de Nacións]] como experto en cuestións de hixiene. Foi destinado a [[Genève]], pero realizou constantes viaxjes aos [[Estados Unidos de América|EUA]], [[Cuba]], [[CanadaCanadá]] e [[Inglaterra]], e pasou tamén longas tempadas en [[Nigeria]] e [[Sénégal]]. Debido ás longas ausencias, puxo fin ao seu segundo matrimonio con Edith Follet dous anos despois de graduarse.
 
En [[1926]] coñeceu en Genève a [[Elizabeth Craig]], unha estadounidense nada en [[1902]] coa que viviu en París até [[1933]]. Nunha das súas primeiras entrevistas trala publicación de ''Voyage au bout de la nuit'' cítaa coma unha das súas mestras. Existen homenaxes a Elizabeth Craig ao longo desa mesma novela (e de feito está dedicada a ela), especialmente nos personaxes de Lola e Molly.