Radiación ultravioleta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
elimino texto repetido, reestruturo seccións, engado véxase tamén e texto de es:luz negra
Liña 29:
 
=== Luz negra ===
A [[luz negra]] é o nome común para lámpadas que emiten radiación electromagnética ultravioleta próxima, cunha compoñente residual miomoi pequena de luz visible. As lámpadas de luz negra fabrícanse xeralmente do mesmo modo cas [[lámpada fluorescente|lámpadas fluorescentes]] convencionais, agás que utilizan un único [[Fosforescencia|fósforo]], e no canto do cristal transparente exterior empregan un cristal obscuro coñecido coma [[cristal de Wood]], que bloquea a maior parte de "luz visible" con lonxitude de onda por encima dos 400 nanómetros.
 
Utilízase para obter efectos decorativos en certos ambientes. É obtida principalmente a través dunha lámpada fluorescente sen a protección do compoñente que a fai emitir luz visíbel. Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na borda da lámpada que é revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco). A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con branqueador ótico, presente na maioría das marcas de xabón en po. Faise unha solución de xabón en po e auga, usase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta as marcas ficarán visíbeis.