Baia de Mérida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta é unha achega baseada na tradución do artigo da Wikipedia en español [es:Eulalia de Mérida].
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 22:
O poeta Prudencio disque ao morrer a santa, a xente viu unha branquísima pomba que voaba cara o ceo, e que os verdugos fuxiron, cheos de pavor e de remordemento por ter matado unha criatura inocente. A neve cubriu o cadáver e o chan do redor, até que varios días despois chegaron uns cristiáns e lle deron honrosa sepultura ao corpo da moza mártir. Alí no sitio da súa sepultura ergueuse un templo de honra a Santa Baia, e di o poeta que el mesmo viu que a ese templo chegaban moitos peregrinos a pregar ante os restos de tan valente rpariga e a conseguir por medio de ela moi notábeis favores de Deus.
 
O culto de Santa Baia fíxose tan popular que [[Agostiño de Canterbury|santo Agostiño]] fixo sermóns en honra desta nova santa. E na moi antiga lista de mártires da Igrexa Católica, chamada de "Martiroloxio romano", hai esta frase: "o 10 de decembro, conmemórase a Santa Baia, mártir de España, morta por proclamar a súa fe en Xesús Cristo".
 
A tradición coincide coa lenda de [[Baia de Barcelona|Santa Baia de Barcelona]], que reproduce, ademais do nome, múltiples feitos e tormentos da santa de Mérida, puidendo se tratar dunha [[duplicación de personalidade haxiográfica]]. Esta duplicidade foi estudada por [[Ángel Fábrega Grau]], quen en 1958 publicou ''Santa Eulalia de Barcelona, revisión de un problema histórico'', e por [[bolandistas]] no seu ''Analecta Bollandistae'', sen chegar a unha resolución concluente.
 
== Festas ==