Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
== Toxicidade dos nematocistes ==
 
Os cnidocistes son armas moi eficientes. Demostrouse en experimentos que un só cnidociste é suficiente para paralizar un [[artrópodo]] pequeno (larva de ''[[Drosophila]]''). Os cnidoblastos máis perigosos (para os humanos, polo menos) téñenos as [[cubozoos|cubomedusas]].<ref name="pmid16928389">{{Cita publicación periódica |author=Tibballs J |title=Australian venomous jellyfish, envenomation syndromes, toxins and therapy |journal=Toxicon |volume=48 |issue=7 |pages=830–59 |date=December 2006 |pmid=16928389 |doi=10.1016/j.toxicon.2006.07.020 |url=}}</ref><ref name="pmid17688901">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Identification, cloning and sequencing of two major venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=50 |issue=6 |pages=850–60 |date=November 2007 |pmid=17688901 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.06.016 |url=}}</ref><ref name="pmid18243272">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Partial purification of cytolytic venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=51 |issue=5 |pages=853–63 |date=April 2008 |pmid=18243272 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.12.017 |url=}}</ref> Un membro deste grupo, a avespa de mar ''[[Chironex fleckeri]]'' considérase "o animal mariño máis velenoso coñecido", segundo o [[Instituto Australiano de Ciencias Mariñas]]. Pode causar unha gran dor nos humanos, e pode provocar en ocasións a morte. Outros cnidarios, como a medusa ''[[Cyanea capillata]]'' ou o [[hidrozoo]] ''Physalia physalis'' ([[carabela portuguesa]]) poden tamén causar unha gran dor e ás veces son mortais. Por outra parte, as [[anemone de mar|anemones]]s de mar gregarias son uns dos cnidarios que teñen unha picadura máis leve, quizais debido á incapacidade dos seus cnidocistes de penetrar na pel, creando unha sensación similar á de tocar candeas pegañosas. Ademais de para alimentarse e defenderse, as anemones de mar e as colonias de coral usan os cnidocistes dos seus cnidoblastos para picarse unhas a outras e defender o seu territorio ou gañar espazo.<ref>http://www.youtube.com/watch?v=WQEiYWGitKs</ref>
 
O [[veleno]] de animais como os cnidarios, [[escorpión]]s e [[araña]]s é específico de especie. Ademais, substancias que son debilmente tóxicas para os humanos poden ser moi tóxicas para as pequenas presas naturais dalgúns cnidarios ou para os depredadores que os queren comer a eles. Esta especificidade foi utilizada para crear novas medicinas e bioinsecticidas.