Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 22:
Unha forma de clasificar os cnidocistes é polo seu modo de funcionamento. Uns crávanse na presa, outros péganse a ela e outros envólvense arredor da presa. Hai, pois, tres grupos:
# Penetrantes: teñen unha estrutura con forma de arpón usada para penetrar, e denomínanse '''nematocistes'''.
# Glutinantes: teñen unha superficie pegaxosapegañosa utilizada para adherirse ás presas, e denomínanse '''pticocistes''' e encóntranse en anemones que se enterran (en tubos), do grupo dos [[Ceriantarios]], e axudan a crear o tubo no que vive o animal. Non serven para a defensa. O tubo do cnidociste non é espiral senón que está pregado en zigzag.
# Envolventes: teñen unha especie de cordón con forma de lazo que se dispara para envolver a presa enroscándose ao seu arredor, e denomínanse '''espirocistes'''. A parede da cápsula é delgada, a diferenza dos nematocistes. O túbulo do cnidociste enrólase como un resorte helicoidal e con pugas, e non teñen cnidocilios como mecanismos de activación.
 
Liña 29:
== Toxicidade dos nematocistes ==
 
Os cnidocistes son armas moi eficientes. Demostrouse en experimentos que un só cnidociste é suficiente para paralizar un [[artrópodo]] pequeno (larva de ''[[Drosophila]]''). Os cnidoblastos máis perigosos (para os humanos, polo menos) téñenos as [[cubozoos|cubomedusas]].<ref name="pmid16928389">{{Cita publicación periódica |author=Tibballs J |title=Australian venomous jellyfish, envenomation syndromes, toxins and therapy |journal=Toxicon |volume=48 |issue=7 |pages=830–59 |date=December 2006 |pmid=16928389 |doi=10.1016/j.toxicon.2006.07.020 |url=}}</ref><ref name="pmid17688901">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Identification, cloning and sequencing of two major venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=50 |issue=6 |pages=850–60 |date=November 2007 |pmid=17688901 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.06.016 |url=}}</ref><ref name="pmid18243272">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Partial purification of cytolytic venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=51 |issue=5 |pages=853–63 |date=April 2008 |pmid=18243272 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.12.017 |url=}}</ref> Un membro deste grupo, a avespa de mar ''[[Chironex fleckeri]]'' considérase "o animal mariño máis velenoso coñecido", segundo o [[Instituto Australiano de Ciencias Mariñas]]. Pode causar unha gran dor nos humanos, e pode provocar en ocasións a morte. Outros cnidarios, como a medusa ''[[Cyanea capillata]]'' ou o [[hidrozoo]] ''Physalia physalis'' ([[carabela portuguesa]]) poden tamén causar unha gran dor e ás veces son mortais. Por outra parte, as [[anemone]]s de mar gregarias son uns dos cnidarios que teñen unha picadura máis leve, quizais debido á incapacidade dos seus cnidocistes de penetrar na pel, creando unha sensación similar á de tocar candeas pegaxosaspegañosas. Ademais de para alimentarse e defenderse, as anemones de mar e as colonias de coral usan os cnidocistes dos seus cnidoblastos para picarse unhas a outras e defender o seu territorio ou gañar espazo.<ref>http://www.youtube.com/watch?v=WQEiYWGitKs</ref>
 
O [[veleno]] de animais como os cnidarios, [[escorpión]]s e [[araña]]s é específico de especie. Ademais, substancias que son debilmente tóxicas para os humanos poden ser moi tóxicas para as pequenas presas naturais dalgúns cnidarios ou para os depredadores que os queren comer a eles. Esta especificidade foi utilizada para crear novas medicinas e bioinsecticidas.