Nasalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
No [[Lingua galega|galego]] común actual só hai restos de nasalidade vocálica. A lingua antiga nasalizaba a vogal anterior a -N- intervocálico, e esta desaparecía. Mais logo o galego aproximouse ao [[Lingua castelá|castelán]], apartándose do [[Lingua portuguesa|portugués]], que é hoxe o romance que posúe maior cantidade de fonemas nasais. O galego moderno, ou eliminou a nasalidade pura e simplemente: GENUCULU > ''xeollo'', ou transformou devandita nasalidade en ''n'': ''xeonllo''. Así temos outro xogo de alternancias: ''gado/gando, coello/coenllo, mollo/monllo''. O sufixo -ANU deu nalgúns sitios -''ã'', e modernamente perdeuse a nasalidade, de xeito que tamén dáse a alternancia ''irmá/irmán, ma/man''.
 
Ás veces foi pérdida dunha consoante distinta de -N- a que produciu a nasalización ou a aparición dun ''n''. No caso de ''póla/ponla'', ''esquecer/esquencer'', ou ''sella/senlla''.
 
En todos estes caso, como déixase ver, a nasalidade pertence á [[fonética histórica]].
 
De xeito que en galego actual non hai vogais nasais como [[Fonema|fonemas]]. Hai, si, vogais nasalizadas por consoantes nasais contiguas. Falouse, coma dun caso especial, doo caso de influencia do ''n'' velar intervocálico. É un ''n'' final de sílaba ao que se engade un son vocal. O ''n'' forma sílaba coa vogal anterior. O son vocal posterior pode ser o ''a'' signo de feminino, ou o ''e'' paragóxico. Na ortografía actuaractual márcase cun ''h'' a separación de sílabas u oclusión glotal. A vogal anterior fica máis ou menos nasalizada. É o caso de ''unha'' e os seus compostos ''algunha'', ''ningunha'', por unha parte; e o de formacións ocasionais coma ''corazonhe'' (corazón), por outra. Dialectalmente, rexistranse outros casos.
 
As formas verbais ás que engádense os pronomes enclíticos ''o'', ''a'', ''os'', ''as'' cando aquelas rematan en ''n'', como ''fan'', ''din'', ''ten'', ''pon'', ''fun'', etc., asimilan o seu ''n'' co ''l''- histórico -hoxe perdido- dos [[Pronome|pronomes]]; de xeito que ''fan-los'' cambiouse en ''fan-nos'', sendo velar o primeiro ''n'' e alveolar o segundo. Finalmente, o ''n'' velar conservouse só coma unha nasalización da [[vogal]] anterior. Hoxe escribimos ás veces ''fano'', ''tena'', ''dinos'', ''ponas'', mais as vogais anteriores ao ''n'' son dende logo nasais ou, cando menos, están nasalizadas. Por iso algúns escritores marcaron e marcan a nasalidas con outro ''n'': ''fannos'', ''tenna'', etc.