Abrir o menú principal

Cambios

Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], tras a derrota en xuño de 1940 do [[Exército francés]] ante a ''[[Wehrmacht]]'' na [[batalla de Francia]], Francia solicitou un [[armisticio]], o [[Armisticio do 22 de xuño de 1940]], que levou o Goberno de Francia ao mariscal [[Philippe Pétain]]. Non obstante, o xeneral [[Charles de Gaulle]] efectuou a través das emisoras da [[British Broadcasting Corporation|BBC]] o [[Chamamento do 18 de xuño de 1940]], que xerou a chamada [[Francia Libre]] que proseguiu a loita contra a [[Alemaña nazi]]. Con todo, a [[África Occidental Francesa]], e con ela a súa capital, Dakar, non se adheriron ao chamamento de de Gaulle, prestando fidelidade ao novo réxime da [[Francia de Vichy]].
 
En dito marco político e histórico tivo lugar a [[batalla de Dakar]], o [[25 de setembro]] de [[1940]], unha batalla naval polo control da [[África Occidental francesa]], que supuxo o intento frustrado por parte das tropas da [[Francia Libre]] (as [[Forzas francesas libres]]) e dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] de expulsar do lugar os homes do xeneral [[Pierre Boisson]], que seguían fieis á [[Francia de Vichy]] aliada do [[Terceiro Reich]]. A batalla pretendía afastar os alemáns das colonias francesas do [[océano Atlántico]], especialmente a súa flotafrota submarina, ante a inminente [[batalla do Atlántico]] centrada en torno á ruta de subministración do [[Reino Unido]]. Con posterioridade á batalla produciuse a ''Operación Ameaza'', un intento frustrado de desembarco en Dakar. Estes combates supuxeron o primeiro enfrontamento en combate dos franceses entre si desde a creación da Francia Libre.
 
Xa finalizada a guerra, Dakar recibiu a visita do [[presidente de Francia]] [[Vincent Auriol]], a primeira que efectuaba un xefe de Estado de Francia a un territorio colonial na [[África]] negra.<ref>Fonte: TV5 [http://www.cites.tv/TV5Site/dakar/fr/lavie/lavie_histoire.html]</ref> Nesas datas a cidade xa contaba cuns 135.000 habitantes.
181.858

edicións