Oso pardo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Ee]nlaceautor[ ]*= +|ligazónautor=); cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Núcleo occidental: *sierra>serra
Liña 119:
A poboación occidental distribúese por uns 2.600 km2 e é a máis importante no tocante ao número de exemplares, xa que inclúe a maior parte da poboación cantábrica de osos, cun censo de en torno aos 100 exemplares. Esta poboación espállase polos montes do Alto Sil leonés (27%) e ocasionalmente tamén polos montes lindeiros de Lugo (2,5%), aínda que en [[Asturias]] é onde ocupa maior superficie (70,5%). En León, os osos localízanse principalmente nos concellos de Villablino, Palacios e Páramo del Sil, mentres que en Lugo adoitan ser vistos nos municipios de [[Cervantes]] e [[Navia de Suarna]]. Os concellos asturianos onde habitan preferentemente son Cangas del Narcea, Degaña, Somiedo e Belmonte de Miranda, que é onde se contabiliza o meirande número de reproducións cada ano, aínda que tamén se localizan exemplares nos concellos de Proaza, Allande, Ibias, Tineo, Salas, Yernes e Tameza, Quirós, Teverga, Lena, Grado e Santo Adriano.<ref name =FOP/>
 
Existen puntos críticos que interesa conservar como corredores ecolóxicos para evitar os problemas asociados aos procesos de illamento. En torno ao porto de Lechariegos prodúcese un estreitamento de tan só 10 km de ancho, causado por actividades mineiras e turísticas. Outras zonas importantes para o futuro desta poboación son os montes próximos ao porto de Cienfuegos, que permiten o paso de Degaña (Asturias) ata a [[Serra dos Ancares]] (Lugo-León), a Serra de Begega, comunicación entre Somiedo e a Serra do Courio, nos Concellos de Salas e Bellmonte de Miranda (Asturias), o estreito corredor boscoso entre o macizo das Ubiñas e a Sierraserra de Sobia, nos concellos asturianos de Teverga e Quirós.
 
== Notas ==