Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Recinto exterior: +ref segundo conversa CAC
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 87:
Angkor Wat materializa o esquema "clásico" do templo-monte khmer da etapa angkoriana, consistente nun ''prasat'' (templo piramidal) central, rodeado de varios patios concéntricos de altura descendente e forma cuadrangular (pois o cadrado simbolizaba a perfección),<ref>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=42}}</ref> e rematados nas súas esquinas con novos templos menores. Completan o conxunto dúas bibliotecas exentas en simetría co eixo central, sendo todo iso finalmente circunvalado por un novo muro e un lago.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|pp=23-24, 31}}</ref> Esta configuración recrea un microcosmos do universo hindú: o seu gran lago perimetral evoca os océanos, mentres que os distintos recintos concéntricos simbolizan as distintas alturas do [[monte Meru]]. Os ''prasats'' ou torres piramidais simulan os picos das montañas, sendo o ''prasat'' central o propio monte Meru, e os demais as montañas que o circundan.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=23}}</ref> O propio percorrido, coas súas sucesivas subidas a través de empinadísimas escaleiras, representa a ascensión ao monte.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=48}}</ref>
 
A construción, de 1&nbsp;500 × 1&nbsp;300 m de lado, ocupa unha extensión rectangular de aproximadamente 200 [[hectárea]]s, incluíndo un lago perimetral de 190 m de ancho. O complexo pode dividirse en dúas zonas diferenciadas: o gran recinto exterior delimitado polo muro perimetral, e a plataforma central sobre a que se elevan o conxunto de tres recintos concéntricos, e que constitúen o "templo" en si. <ref>{{Cita libro|título=Cambodia|lingua=en|apelidos=Welman|nome=Frans|ISBN=9786162450679|editorial=Booksmango|páxina=83}}</ref><ref>{{Cita libro|título=The Oxford Companion to Archaeology|lingua=en|apelidos=Silberman|nome=Neil Asher|ano=2012|editorial=OUP USA|ISBN=9780199735785|páxina=134}}</ref>
 
=== Características ===
Liña 100:
Dende a entrada oeste ata os tres recintos concéntricos do templo central desenvólvese un camiño elevado de 10 m de ancho e 352 m de lonxitude,<ref name=gris /> tamén flanqueado con ''nagas''. Cada 50 m a balaustrada interrómpese con dúas escaleiras simétricas que permiten descender o metro e medio que separa o camiño do chan. No amplo terreo deste primeiro recinto situábase o palacio real e aloxábase a poboación permanente do templo, mais debido ao perecedoiro das estruturas nas que habitaban, hoxe en día case non quedan vestixios, aparte dos edificios de pedra exentos que cumprían a función de bibliotecas, situados tamén de xeito simétrico ao camiño central. Os dous grandes lagos rectangulares de aproximadamente 50 m de anchura que aparecen ao final deste percorrido central foron construídos con data posterior ao templo orixinal.<ref name=ref_duplicada_4>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=155}}</ref> Actualmente o terreo alberga amais un pequeno asentamento de monxes budistas e outro pequeno poboado no lado oposto do templo, todos eles de construción moito máis recente e sen interese arquitectónico.
 
O camiño desemboca nunha terraza de planta cruciforme con dous niveis, e esta á súa vez conduce á gran plataforma de 258 × 332 m sobre a que se asenta o templo central.<ref>{{Cita web|url=[http://www.art-and-archaeology.com/seasia/angkorwat/awsite.html|título=Angkor Wat Site|lingua=en |dataacceso=31 de agosto de 2015}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Angkor, cité khmère|lingua=fr|ano=2006|nome1=Claude|apelidos1=Jacques|nome2=Michael|apelidos2=Freeman|editorial=Editions Olizane|ISBN=9782880863470|páxina=47|url=https://books.google.com.mx/books?id=YwTq5weaqCwC&dq=Angkor+Wat+258++332+m&source=gbs_navlinks_s}}</ref>
 
==== Templo central ====