Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Arquitectura: engado referencia indicada na votación a CAC
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Recinto exterior: +ref segundo conversa CAC
Liña 100:
Dende a entrada oeste ata os tres recintos concéntricos do templo central desenvólvese un camiño elevado de 10 m de ancho e 352 m de lonxitude,<ref name=gris /> tamén flanqueado con ''nagas''. Cada 50 m a balaustrada interrómpese con dúas escaleiras simétricas que permiten descender o metro e medio que separa o camiño do chan. No amplo terreo deste primeiro recinto situábase o palacio real e aloxábase a poboación permanente do templo, mais debido ao perecedoiro das estruturas nas que habitaban, hoxe en día case non quedan vestixios, aparte dos edificios de pedra exentos que cumprían a función de bibliotecas, situados tamén de xeito simétrico ao camiño central. Os dous grandes lagos rectangulares de aproximadamente 50 m de anchura que aparecen ao final deste percorrido central foron construídos con data posterior ao templo orixinal.<ref name=ref_duplicada_4>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=155}}</ref> Actualmente o terreo alberga amais un pequeno asentamento de monxes budistas e outro pequeno poboado no lado oposto do templo, todos eles de construción moito máis recente e sen interese arquitectónico.
 
O camiño desemboca nunha terraza de planta cruciforme con dous niveis, e esta á súa vez conduce á gran plataforma de 258 × 332 m sobre a que se asenta o templo central.<ref>{{Cita web|url=[http://www.art-and-archaeology.com/seasia/angkorwat/awsite.html|título=Angkor Wat Site|lingua=en |dataacceso=31 de agosto de 2015}}</ref>
 
==== Templo central ====