Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Eoax (conversa | contribucións)
Liña 3:
A '''novela histórica''' é un [[xénero literario]] que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa [[Walter Scott]] ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.
===Precursores da novela histórica ===
A primeira novela histórica é "Quéreas e Calírroe", un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século V A. de C. na que os personaxes fictricios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III D. de C. Un descoñecido( o Pesudo Calístenes) escribiu unha "Vida de Alexandre" cincocentos anos despois da morte de [[Alexandre Magno]] que tería gran repercusión na [[Idade Media]] onde se lle coñeceu como o "libro de Alexandre"; da mesma época é a "Vida de Apolonio de Tiana" escrita por Filóstrato por encargo da emperatirz Xulia Domna.
 
Durante o Barroco, a francesa Madeleine de Scudéry publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se extendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado.
 
== Novela histórica na literatura galega ==
A finais do século XIX comezan a escribirse as primeiras novelas históricas en Galicia, destacando [[Antonio López Ferreiro]], a principios do século XIX algúns versionan obras e temática da historia de Galicia como [[Ramón Otero Pedrayo]], mesmo seguindo a estela de Valle-Inclán. Contra mediados do XX a novela histórica en Galicia mestúrase dando novos froitos dos que [[Darío Xohán Cabana]] é seu máximo expoñente.