Abrir o menú principal

Cambios

os cambios únicamente corrixen erros moi evidentes facilmente confirmables na bibliografía especializada
{{Coordenadas|42|45|24.45|N|8|17|33.90|W|display=title}}
[[Ficheiro:Chousa-nova-lousa.jpg|miniatura|dereita|350px|A Chousa Nova, reconstruída.]]
'''A Chousa Nova''' ou '''Chousa Nova 1''' (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo [[megalítico]] situado na parroquia de [[Abades, Silleda|Abades]] ([[Silleda]]), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do [[AVE]] entre Ourense-Santiago. A cámara interior do [[dolmen]] non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co axuar funerario. Foi o primeirosegundo dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por [[carbono catorce]] deron para A Chousa Nova unha datación que ositúan facíacomo oun dolmendos dolmens máis antigoantigos de Galiza.<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20664 "Os segredos dun dolmen intacto"], artigo na web do [[Consello da Cultura Galega]].</ref>
 
==Historia==
As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio dasdurante as obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, mil anos máis antigas que o [[Dolmen de Dombate]] en [[Cabana de Bergantiños]] ou [[Forno dos Mouros (Toques)|Forno dos Mouros]] en [[Toques]].
 
==O enterramento==
Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra coa natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: a edificación do propio monumento (coa capa á vista) e a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento.
 
A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa con grande cantidade de [[mica]] e moi brillante e de 2.950&nbsp;kg de peso.<ref>[http://www.turismosilleda.es/historia_prehis.php# Turismo de Silleda, a Mámoa de Chousa Nova]</ref> Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara.
 
No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de hai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de [[ámbar]] e outras de varisicita, posiblemente dunha veta da [[provincia de Zamora]], semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado ''in situ'' na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cincel e un gastado afiador baixo os pés. A eixada e o cincel, que estaban novos, interprétanse como un símbolo de luxo e posición social.
 
==A reconstrución==
Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada arqueolóxicamente e o situou exactamente no mesmo emprazamento por Patrimonio. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/04/tumulo-da-chousa-nova-1/ Túmulo da Chousa Nova 1], na web de Patrimonio Galego.</ref>
 
==Notas==
Usuario anónimo