Vixilio, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 555 mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Nacido sobre o [[500]], Vixilio pertencía a unha distinguida familia romana. Seu pai, Xoán, era [[Cónsul romano|cónsul]], título que recibira do emperador. ''Reparato'', un irmán de Vixilio, era un [[senador]].
 
Vixilio foi designado como sucesor polo papa [[Bonifacio II]], mais a oposición a tal proceder levou a Bonifacio, nos anos seguintes, a retirar a súa desición de nomear un sucesor, queimando incluso o decreto que o istituía. O sucesor de Bonifacio, o papa [[Agapito I]], nomeou a Vixilio representante papal en [[Constantinopla]]. A emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]] buscou telo como aliado, para vengarvingar a deposición do patriarca [[Monofisimo|monofisita]] de Constantinopla, [[Antimo I]], e ademais para obter apoio nos seus esforzos a prol dos monofisitas. A emperatriz prometeu a Vixilio a Sede papal e unha grosa cantidade de diñeiro. Logo da morte de Agapito, Vixilio regresou a Roma, levando consigo cartas da corte imperial bizantina.
 
===Deposición do papa Silverio===