Remo (deporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Deportes mediante HotCat
+video
Liña 1:
Coñécese como '''remo''' o conxunto de disciplinas deportivas que consisten na propulsión dunha embarcación por medio da forza muscular dun ou varios remeiros, que poden empregar un ou dous remos, sempre usados como [[panca]]s, cun punto de fixación á embarcación. O remo distínguese do [[piragüismo]] en que neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo o deportista vai sempre sentado de costas ó sentido do movemento.
[[Ficheiro:ROWING Women's Single Sculls Final - 28th Summer Universiade 2015 Gwangju.webm|miniatura]]
 
Nunha embarcación de remo, tódolos elementos están fixados ó corpo da embarcación, incluídos os propios remos (unidos por unha articulación), menos o banco no que se senta o remeiro. Este banco pode ser fixo ou móbil, de tal xeito que hai dúas categorías principais dentro do deporte do remo: o remo de banco fixo, e o remo de banco móbil. A diferencia principal entre unha e outra categoría é que no remo de banco fixo, o esforzo se realiza nos brazos e nas costas, mentres que no remo de banco móbil, este deslízase sobre unhas rodas pequenas de xeito que o esforzo se realiza nos brazos, nas costas e tamén nas pernas. Os remo de banco móbil practícase sobre augas tranquilas.