Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Conflito de intereses»

ortografía
(ortografía)
Con todo, non hai un criterio estrito que determine se existe ou non un conflito de intereses; se cadra, si que hai algúns sinais de aviso. A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa o editor nun conflito de intereses. Cando os editores escriben para promocionar os seus propios intereses, as súas contribucións amosan a miúdo unha falta de conexión co que un lector desinteresado querería consultar como referencia nunha enciclopedia. En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao [[Wikipedia:Punto de vista neutral|ton neutral]] e citar [[Wikipedia:Verificabilidade|fontes]] publicadas acreditadas e independentes, e asegurarse de non esquecer aspectos importantes que deixen eivas no texto.
 
En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendaremendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.
 
===Exemplos===
201.762

edicións