Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 9:
A historia dos comezos do Exipto otomán é a dunha competición polo poder entre os mamelucos e os representantes do sultán otomán. Os mamelucos continuaron posuíndo a maior parte das terras como un [[feudo]], o que lles permitiu retornar a ocupar posicións de grande influencia. Os emires mamelucos ficaron como cabezas das doce [[sanxac]]s nas que se dividiu Exipto, e baixo o seguinte sultán, [[Suleiman I]], creáronse dúas cámaras, chamadas o [[Diván]] Maior e o Menor, nas que estaban representados o exército e as autoridades relixiosas, para axudar o [[paxá]] nas súas deliberacións. Aos seis rexementos creados por Selim para a protección do Exipto Suleiman incorporou outro, o dos [[circasiano]]s.
 
En [[1527]] os otománs realizaron o seu primeiro [[catastro]] debido a que os rexistros anteriores pereceran baixo o lume, aindaaínda que non se utilizou até [[1605]]. As terras exipcias dividíronse en catro clases: os dominios do sultán, os feudos, as terras para o mantemento do exército e as relixiosas.
 
Foi práctica habitual da [[Sublime Porta]] mudar de gobernador de Exipto en intervalos breves, após un ano ou mesmo varios meses. O terceiro gobernador, [[Abmad Pasha]], ao ter coñecemento de que se expediran ordes para a súa execución desde [[Constantinopla]], proclamouse independente e chegou mesmo a acuñar moedas. Dous dos emires que enviara a prisión lograron escapar, atacárono no seu baño e asasinárono.