Portonovo, Adina, Sanxenxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Mnbvcxz (conversa); cambiado á última versión feita por Lmbuga
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
Está situado na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de [[Adina, Sanxenxo|Adina]], coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de [[Barbeito, Adina, Sanxenxo|Barbeito]], [[Vista Alegre, Adina, Sanxenxo|Vista Alegre]] e [[Canelas, Adina, Sanxenxo|Canelas]].
 
Está delimitado ó oeste pola [[praia de Paxariñas]], limítrofe coa parroquia ou priorato de [[Arra, Sanxenxo|Arra]], hoxe unida á da Adina, e ó leste pola [[praia de Baltar]] -ou de Portonovo- e a punta do Bicaño, que o separa do núcleo urbano de Sanxenxo. Ademais destas dúas praias conta tamén coa [[praia de Canelas]], ó oeste e a [[praia de Caneliñas]], no centro urbano.
 
A súa actividade económica baséase historicamente na [[pesca]], cun [[gremio de mareantes]] de especial relevancia durante a [[idade Media]]. Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.