Batalla de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 33:
|}}
 
A '''Batalla de Rande''' foi unha importante batalla naval librada no [[estreito de Rande]] e na [[enseada de San Simón]], no interior da [[ría de Vigo]], o [[23 de outubro]] de [[1702]]. Enfrontou ás escadrasescuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da [[Guerra de Sucesión Española]].
 
== A batalla ==
Liña 39:
A [[Flota de Indias]], composta por 19 buques escoltados por 22 navíos franceses, partira o [[11 de xuño]] desde [[A Habana]] cara a [[Cádiz]] cun gran cargamento. Á metade de travesía foron informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa os agardaba no [[cabo San Vicente]], polo que o almirante [[Manuel de Velasco]] decide desviarse cara á [[ría de Vigo]], onde entran o [[22 de setembro]].
 
O comboi buscou refuxio na enseada de San Simón, e axiña se preparou a defensa ao tempo que se requisaron 1.200 carros do país para transportar as mercadorías cara a [[Madrid]]. O paso de Rande foi obstruído por unha barreira de toros, cables e pequenas embarcacións, e foron reclutadasrecrutadas milicias para reforzar os dous pequenos fortes situados aos dous lados do estreito.
 
O [[2 de outubro]], mentres os ingleses dirixidos por [[George Rooke]] atacaron sen éxito [[Cádiz]], a flota española comeza a desembarcar o seu cargamento en [[Baiona]]. O [[17 de outubro]] o [[Capitán Hardy]], a bordo do ''Pembroke'', informa a Rooke de que a Flota de Indias se retirara cara ao norte pola costa portuguesa, información recollida polo seu Capelán, e o día 18 convocouse un consello de guerra no [[buque insignia]] ''Royal Sovering'' no que se decide dirixir a escuadra cara á ría.
Liña 47:
O día 23 o [[Duque de Ormond]] desembarca en [[Teis, Vigo|Teis]] con 2.000 homes, e Churchill fai o mesmo en [[Domaio, Moaña|Domaio]] co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de [[forte de Corbeiro|Corbeiro]] e [[forte de Rande|Rande]]. Silenciados os canóns, comezou o ataque por mar.
 
A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a barreira que impedía o paso do estreito a bordo do ''Torbay'', o buque insignia británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da ría, e ante a falta de espazo para as manobras recurriuserecorreuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras.
 
O Marqués de Châteaurenault ordeouordenou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, [[Gaspar Antonio de Zúñiga]], o [[Príncipe de Barbanzón]], Capitán Xeral de Galicia, ordeouordenou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do [[quinto real]], transportándose ata [[Lugo]] e dende alí a [[Segovia]].
 
Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias.
 
[[Ficheiro:20000 Vigo Bay.jpg|miniatura|dereita|180px|Ilustración da Batalla de Rande en ''[[Vinte mil leguas baixo dos mares]]'', de [[Jules Verne]], na edición de [[Pierre-Jules Hetzel]].]]
Se ben a batalla foi axiña silenciada en España (en parte polo éxito no balance total da Guerra de Sucesión, coa consolidación dos [[Borbón]]s no trono), a vitoria de Inglaterra e Holanda acadou enorme difusión en toda Europa. En [[Londres]] existe a ''Vigo Street'', en conmemoración da batalla, e [[Jules Verne]] falou dos tesouros de Rande na novela ''[[Vinte mil leguas baixo dos mares]]''.
 
Liña 64:
{{commonscat|Battle of Vigo Bay}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =Pereiro Alonso, Román| título =A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)| ano =2002| publicación =Vigo: [[Editorial Galaxia]]| id = ISBN 978-84-8288-588-9}}
* {{Cita libro| autor =Sagrario Abelleira Méndez (coordinadora)| título =Rande 1702, arde o mar| ano =2002| publicación =Vigo: [[Museo do Mar de Galicia]]| id = ISBN 978-84-87887-57-0}}
=== Outros artigos ===
* [[Museo da Batalla de Rande]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/web/20101221064619/http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm Páxina con información da«A Batalla de Rande. Vigo 1702-2002»] Sociedade Galega de Historia Marítima.
 
[[Categoría:Batallas da Guerra de Sucesión Española|Rande]]