Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
frase que debería levar referencias para permanecer.
Liña 24:
Coma xa dixemos un pouco antes, entre os anos 1.500 o 1.200 antes de Cristo comézase a coñecer na parte sur de [[Veracruz]] e no norte de [[Tabasco]] a situación da área central da cultura Olmeca, cuxa palabra ten o significado de "poboador do país do hule". A zona é rica en recursos naturais, polo que a caza e a pesca eran a súa principal ocupación, máis que a cría de animais domésticos ([[can]]s e [[guaxolote]]s). Canto á forma de labrar a terra, prevaleceu a agricultura de roza, que consiste en desmontar a vexetación da terra e sementar. A arte olmeca tivo a súa máxima expresión na escultura. Resaltan as cabezas monumentais, feitas en bloques de [[basalto]] de máis de dous metros de altitude e case 30 toneladas de peso. Os sitios olmecas mellor coñecidos son: San Lourenzo (tamén chamado Tenochtitlan) e [[Tres Zapotes]] na rexión de Veracruz; e A Venta, na rexión de Tabasco.
 
Ao redor do 400 - 300 A.C. iniciouse o proceso de decadencia e extinción dos olmecas, quedando deles o período neoclásico que perduraría até arredoresarredor do ano 750. Con todo, o estilo olmeca tivo unha ampla difusión, basicamente a causa do comercio e da relixión. Quizais fora o primeiro pobo que rebasou a condición de labrego, para comerciar e influír sobre outros pobos cun menor nivel de desenvolvemento, tanto foi así que se difundiuDifundiu en tres direccións: *Unha cara o val de México (Tlatilco, Cuicuilco)
* Outra cara o val de Oaxaca (fixo a fase máis antiga do Monte Albán)
* A terceira dirixiuse cara a costa do Pacífico, a través o [[istmo]] de Tehuantepec, até terras altas de Guatemala (O Baúl e Kaminalxuiú).
Liña 30:
Consideran os historiadores que habería a posibilidade de que politicamente estiveran constituídos como cidades-estados, cun certo grao de autonomía. Internamente, comprobouse a existencia de clases sociais e unha formación menos homoxénea que a doutros pobos. Unha das principais achegas dos olmecas ao coñecemento foi a utilización do [[calendario]] e do número cero nas matemáticas, feito que resulta revelador dun alto grao cultural.
 
Pódese dicir que os '''olmecas''' foron unha '''cultura "nai"''', xa que dela se desprenderon, dunha ou outra forma, as culturas que floreceron nas demais rexións de Mesoamérica e que, no conxunto, viviron durante uns nove séculos. A máis poderosa de todas elas, e cunha maior transcendencia, é a que se desenvolveu en torno a [[Tehotihuacán]]. Localizada nos vales de México e [[Puebla]], converteuse na maior civilización urbana do Novo Mundo, e no gran centro relixioso de toda Mesoamérica alcanzando até máis de 100.000 habitantes. O seu poder rebasousuperou a orde relixiosa e entrou na órbita política, convertendo a Teotihuacán nun estado imperialista, con incursións até [[Oaxaca]] e [[Guatemala]]. Neste momento xorden cidades suburbanas que converten a toda a rexión nunha zona metropolitana baseada no poderío militar e político, a influencia relixiosa e a riqueza do comercio. Como se acostuma dicir, “todo o bo, dura pouco”; por causas aínda descoñecidas deron fin a un dos grandes centros culturais, Tehotihuacán, co que se iniciou a caída das maxestosas cidades do clásico. As hipóteses de desastres agrícolas, pestes e invasións de outros pobos non serviron para xustificar o derrube, polo que se pensou en graves problemas sociais que acabaron en revolucións xeneralizadas en todo o territorio mesoamericano. [[O Taxín]], [[Monte Albán]] e [[Xochicalco]], que foron centros inferiores, aproveitaron esta caída para constituírse en focos de influencia.
 
=== Os toltecas, os maias e os otomís ===