Diferenzas entre revisións de «Also sprach Zarathustra»

De comezo, podemos pensar que Zaratrusta é o profeta persa do mesmo nome, unha simbolización de [[Xesús de Nazaret]] ou unha simbolización do autor da obra.
 
''Así falou Zaratrusta'' é unha obra de [[fición]] aínda que nela haxa personaxes e acontecementos protagonizados por personaxes reais. Neste sentido pode dicirse que Zaratrusta é un personaxe de ficción e a narración que se fai da súa vida é tamén ficción. Podemos tamén pensar que se trata da figura de Xesús de Nazaret adaptada á nova doutrina. É tamén se pode pensar que sexa o profeta persa, a realidade é que o lector atópase cunha forma de enmascaramento detrás da cal se esconde o autor da obra e que Zaratrusta é sen maismáis unha forma de expresión literaria de Nietzsche e, en consecuencia, a expresión ficticia referencial desta persoa.
 
Hai un personaxe real que é a referencia do contido fundamental da obra que constitúe a doutrina do protagonista. Se así fose, detrás de Zaratrusta pódese identificar tanto ao autor como a persoa da historia que outorga o fundamento filosófico da obra. Trataríase dun filósofo da antigüidade grega, cuxo pensamento Nietzsche coñece ben a consecuencia da súa actividade inicial como investigador.