Río Rin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Afluentes principais: amplío sección
Liña 44:
 
== Afluentes principais ==
Os principais afluentes do Rin, por orde de confluencia desde o nacemento ata a desembocadura, son:
* [[Río Aar|Aar]]
* [[Río Aar|Aar]]: nace nos [[Alpes berneses]] e desemboca no Rin pola súa esquerda en [[Coblenza, Suíza|Suíza]]. O seu curso está completamente en territorio [[Suíza|suízo]] e ten unha lonxitude de 291 km. Pasa por [[Berna]], a capital do país.
* [[Río Neckar|Neckar]]
* [[Río Neckar|Neckar]]: nace na [[Selva Negra]] e únese ao Rin pola súa marxe dereita en [[Mannheim]] despois de percorrer 367 km. do estado [[Alemaña|alemán]] de [[Baden-Württemberg]]. Baña a cidade universitaria de [[Heidelberg]].
* [[Río Main|Main]] (''Río Meno'')
* [[Río Main|Main]] (''Río Meno''): é un dos afluentes máis caudalosos do Rin. Nace na [[Selva de Franconia]] no estado alemán de [[Baviera]] preto da fronteira con [[Chequia]]. Atravesa territorio alemán en dirección este-oeste ao longo dos seus 524 km. pasando polos estados federados de Baviera e [[Hessen]], para unirse ao Rin pola súa dereita fronte á cidade de [[Maguncia]]. No seu curso áchanse a cidade operística de [[Bayreuth]] e a cosmopolita [[Frankfurt]].
* [[Río Mosela|Mosela]]
* [[Río Lahn|Lahn]]: nace na rexión montañosa de [[Sauerland]] no estado federado alemán de [[Renania do Norte-Westfalia]], para entrar pronto en Hessen e rematar o seu curso na marxe dereita do Rin preto de [[Coblenza]] no estado federado de [[Renania-Palatinado]]. Ten unha lonxitude de 242 km.
* [[Río Lahn|Lahn]]
* [[Río Mosela|Mosela]]: ao longo dos seus 545 km. atravesa tres países: [[Francia]], [[Luxemburgo]] e Alemaña. Nace no macizo francés dos [[Vosgos]] e discorre en dirección norte ata ser fronteira natural entre Luxemburgo e Alemaña. A partir de aquí toma a dirección nordeste, xa en territorio alemán, no estado de Renania-Palatinado, ata confluír co Rin pola súa esquerda en Coblenza. Cidades importantes polas que pasa son a francesa de [[Metz]] e a alemá de [[Tréveris]].
* [[Río Ruhr|Ruhr]]
* [[Río Ruhr|Ruhr]]: coma o Lahn, nace na rexión de Sauerland e o seu curso de 221 km. discorre enteiramente polo estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia. O seu [[Val do Ruhr|val]] está densamente poboado e industrializado, sendo unha das rexións máis urbanizadas de [[Europa]]. Baña as importantes cidades de [[Dortmund]], [[Bochum]], [[Essen]] e [[Duisburgo]], pouco despois da cal desemboca no Rin pola dereita.
* [[Río Mosa|Mosa]]
* [[Río Mosa|Mosa]]: do mesmo xeito co Mosela, percorre tres países nos seus 950 km.: Francia, [[Bélxica]] e os [[Países Baixos]]. Nace no planalto francés de [[Langres]] e discorre en dirección norte pasando polas cidades francesas de [[Verdun]] e [[Sedan]]. Ao chegar á cidade belga de [[Namur]] xira ao leste ata [[Liège|Liexa]] onde retoma o norte para entrar nos Países Baixos por [[Maastricht]]. Na súa desembocadura mestúrase co Rin pola súa marxe esquerda para formaren o [[Hollandsch Diep]], un río, esteiro e delta común.
[[Ficheiro:Meuse, in the french ardennes2.JPG|miniatura|500px|centro|O río Mosa nas [[Ardenas]] francesas.]]
 
== Economía ==