Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 330:
=== A India dos matemáticos medievais ===
[[Ficheiro:2064 aryabhata-crp.jpg|miniatura|200px|[[Aryabhata]].]]
Os matemáticos hindús da Idade Media eran particularmente abstractos e non estaban orientados cara á práctica, en contraste cos exipcios, por exemplo. É con [[Brahmagupta]] ([[598]] - [[668]]) e a súa obra, particularmente complexa e innovadora, cando as diferentes facetas do "cero", a "cifra" e o "número" son parfectamenteperfectamente comprendidas, e cando se perfecciona a construción do [[numeración decimal de posición|sistema de numeración decimal]] de posición. O período remata co matemático [[Bhaskara II]] ([[1114]] - [[1185]]) que escribiu varios tratados importantes. Á maneira de [[Nasir ad-Din at-Tusi]] ([[1201]] - [[1274]]) desenvolve a derivación. Encontra as ecuacións polinomiais,polinómicas e fórmulas de [[trigonometría]], entre as cales están as fórmulas deda adición. Bhaskara é tamén un dos pais da análise, poqueporque introduciu varios elementos relevantes do [[cálculo diferencial]]: a [[derivada]], a [[diferenciación]] e a aplicación aos [[extremos]], e incluso unha primeira forma do [[teorema de Rolle]].
 
Pero é sobre todo con [[Âryabhata]] ([[476]] - [[550]]), cuxo tratado de [[astronomía]] leva o seu nome, o ''Aryabatîya'', escrito en [[verso]] contra [[499]] a.C., cando as matemáticas hindús se manifestan.<ref>Exemplos de problemas de extracción de raíces cadradas e fotografías dos manuscritos do ''Aryabatîya'' en [http://www.dma.ens.fr/culturemath/histoire%20des%20maths/htm/Keller06_Inde/Keller_Inde.htm ''CultureMath'']. {{fr}}</ref> Trátase dun curto tratado de astronomía que presenta 66 teoremas de aritmética, álxebra, ou [[trigonometría]] plana e esférica. Estes brotes retomáronse e amplificáronse polos matemáticos e astrónomos da escola de [[Kerala]], entre eles: [[Madhava de Sangamagrama]], Nilakantha Somayaji, [[Parameswara]], Jyeshtadeva, ou Achyuta Panikkar, durante o período medieval do [[século V]] ao [[século XV]]. Así, o ''Yuktibhasa'' ou ''Ganita Yuktibhasa'' é un tratado de matemáticas e de astronomía, escrito polo astrónomo hindú Jyesthadeva, membro da escola matemática de Kerala en [[1530]].<ref>K. V. Sharma et S. Hariharan, [http://www.new.dli.ernet.in/insa/INSA_1/20005ac0_185.pdf ''Yuktibhasa of Jyesthadeva''] {{en}}</ref> Jyesthadeva adiantouse tres séculos ao descubrimento do [[cálculo infinitesimal]] polos occidentais.