Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 134:
==== Estrea ====
[[Ficheiro:Mahler8 premiere ticket.jpg|miniatura|Unha entrada para a estrea da ''Oitava Sinfonía'', Múnic, 12 de setembro de 1910.{{#tag:ref|As entradas imprimíronse orixinalmente cunha hora de inicio das oito da tarde, pero posteriormente se sobreimprimiu ao cambiarse a hora ás sete e media.<ref name= BBCarticle/>|group= nota}}]]
[[Ficheiro:Theresienhöhe 11.jpg|thumb|O ''Neue Musik-Festhalle'', onde tivo lugar a estrea, na actualidada parte da sección de transportes do [[Deutsches Museum]]. O edificio non foi empregado para os concertos do centenario, en octubreoutubro de 2010, debido aos problemas loxísticos de trasladar as exposicións do museo do transporte.]]
Mahler chegou a un acordo co empresario Emil Gutmann para que a sinfonía fora estreada en Múnic en outono de 1910. Pronto lamentou a súa participación, escribindo acerca dos seus medos de que Gutmann transformaría a interpretación en "un catastrófico espectáculo de [[Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus|Barnum and Bailey]]".<ref name="Blaukopf229">{{cita Harvard|Blaukopf|1974|pp=229–32|sp=si}}</ref>{{#tag:ref|Propietarios dun circo estadounidense, famoso polas súas extravagantes presentacións, tituladas ''The Greatest Show on Earth'' ('O maior espectáculo da Terra').<ref name= BBCarticle/>|group = nota}} Os preparativos comezaron a principios de ano, coa selección de coros de agrupacións corais de Múnic, Leipzig e Viena. A ''Zentral-Singschule'' de Múnic contribuíu con 350 estudantes para o coro de nenos. Ao mesmo tempo, [[Bruno Walter]], o axudante de Mahler na ''Hofoper'' de Viena, foi o responsable da contratación e preparación dos oito solistas. Ao longo da primavera e o verán, estes efectivos preparábanse nos seus lugares de orixe, antes de reunirse en Múnic a principios de setembro durante tres días de ensaios finais baixo a dirección de Mahler.<ref name="Blaukopf229" /><ref name="Carr206">{{cita Harvard|Carr|1998|pp=206–07|sp=si}}</ref> O seu xove axudante [[Otto Klemperer]] remarcou máis tarde os moitos pequenos cambios que Mahler fixo na partitura durante os ensaios: "El sempre quería máis claridade, máis son, máis contraste dinámico. En algún momento durante os ensaios volveuse cara nós e dixo: 'Se, despois da miña morte, algo non soa ben, cambiádeo. Tendes non só o dereito senón tamén o deber de facelo'".<ref>{{cita Harvard|Heyworth|1994|p=48|sp=si}}</ref>
 
Para a estrea, fixada o 12 de setembro, Gutmann alugara o recén construído ''Neue Musik-Festhalle'', no recinto feiral internacional de Múnic, preto de Theresienhöhe (actualmente parte do [[Deutsches Museum]]). Esta gran sala tiña unha capacidade para 3.200 persoas; co fin de fomentar a venda de entradas e dar maior publicidade, Gutmann acuñou o nome de "Sinfonía dos mil", que se mantivo como un subtítulo popular da sinfonía de Mahler, a pesar do seu rexeitamento.<ref name="Carr206" />{{#tag:ref|Non é totalmente certo que máis de mil músicos participaran na estrea de Múnic. La Grange enumera un coro de 850 persoas (incluídos 350 nenos), 157 instrumentistas e os oito solistas, para dar un total de 1.015. Con todo, Jonathan Carr suxire que existen evidencias de que non todos os membros do coro de Viena chegaron a tempo á sala e o número dos artistas, polo tanto, non chegou a acadar o millar.<ref name= BBCarticle/><ref name= Carr206 />|group = nota}} Entre as moitas figuras distinguidas presentes na estrea, na que se venderon todas as entradas, estiveron os compositores [[Richard Strauss]], [[Camille Saint-Saëns]] e [[Anton Webern]], os escritores [[Thomas Mann]] e [[Arthur Schnitzler]], e o director de teatro máis importante do momento, [[Max Reinhardt]].<ref name="BBCarticle">* {{cita web|título= Mahler's Symphonic Premieres - 8th Symphony: Part One|url=http://www.bbc.co.uk/dna/h2g2/A66568963|editorial= [[British Broadcasting Corporation]] (BBC)|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}
* {{cita web|título= Mahler's Symphonic Premieres - 8th Symphony: Part Two|url=http://www.bbc.co.uk/dna/h2g2/A66568981|editorial= [[British Broadcasting Corporation]] (BBC)|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref><ref name="Carr206" /> Tamén entre o público se encontraba o director de orquestaorquestra británico [[Leopold Stokowski]], daquela con 28 anos, que seis anos máis tarde dirixiría a estrea da sinfonía nos [[Estados Unidos]].<ref name="Gibbs">{{cita web|apelidos= Gibbs|nome= Christopher H.|título=Mahler Symphony No. 8, "Symphony of a Thousand"|url= http://www.carnegiehall.org/Article.aspx?id=4294967687|editorial= The Weill Music Institute, Carnegie Hall|ano= 2010|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref><ref name="NYTimes" />
 
Ata o momento, as recepcións das novas sinfonías de Mahler foran polo xeral decepcionantes.<ref name="BBCarticle" /> Porén, a estrea en Múnic da ''Oitava Sinfonía'' foi un triunfo sen precedentes, cando os acordes finais se apagaron houbo unha breve pausa antes do enorme estoupido de aplausos que se prolongou durante vinte minutos.<ref name="BBCarticle" /> De volta no seu hotel, Mahler recibiu unha carta de Thomas Mann, que se referiu ao compositor como "o home que, eu creo, expresa a arte do noso tempo na súa forma máis profunda e sagrada».<ref>{{cita Harvard|Mahler|1968|p=342|sp=si}}</ref>