Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 14:
Contra o verán de [[1906]], Mahler levaba xa nove anos como director da [[Wiener Staatsoper|Wiener Hofoper]] (en [[lingua galega]] "Ópera da Corte de Viena").{{#tag:ref|Mahler entrou a formar parte da ''Hofoper'' como director suplente en abril de [[1897]] e sucedeu a [[Wilhelm Jahn]] como director principal en outubro dese mesmo ano.<ref>{{cita Harvard|Carr|1998|p=86|sp=si}}</ref>|group = nota}} Como cada verán, dende aquela, Mahler marchaba de [[Viena]] cando finalizaba a tempada da ''Hofoper'', adicándose en corpo e alma á composición. Dende [[1899]], este refuxio estivera en Maiernigg, preto da cidade turística de [[Maria Wörth]] en [[Carintia, Austria|Carintia]], ao sur de Austria, onde Mahler construíu un chalet con vistas ao lago [[Wörthersee]].<ref>{{cita Harvard|Blaukopf|1974|p=137|sp=si}}</ref> Nesta relaxante contorna Mahler completou as súas [[Sinfonía nº 4 (Mahler)|''Cuarta'']], [[Sinfonía nº 5 (Mahler)|''Quinta'']], [[Sinfonía nº 6 (Mahler)|''Sexta'']] e [[Sinfonía nº 7 (Mahler)|''Sétima'']] sinfonías, os ''[[Rückert-Lieder]]'' e o seu ciclo de cancións ''[[Kindertotenlieder]]'' (''Cancións aos nenos mortos'').<ref>{{cita Harvard|Blaukopf|1974|pp=158, 165, 203|sp=si}}</ref>
 
Ata [[1901]], as composicións de Mahler estiveran fortemente influídas pola colección de cancións populares alemás ''[[Des Knaben Wunderhorn]]'' (''O corno máxico da xuventude''), coas que tivo o primeiro contacto contra [[1887]].<ref name="Franklin4">{{cita web|apelidos= Franklin|nome= Peter|nome-editor= Laura|apelidos-editor= Macy|título= Mahler, Gustav|url= http://www.oxfordmusiconline.com/public/|editorial= Oxford Music Online |ano= 2007|dataacceso= 13 de marzo de 2015|lingua=en}} (4. Praga 1885–86 e Leipzig 1886–88)</ref> A música dos numerosos arranxos de Mahler sobre ''Wunderhorn'' reflíctese nas súas [[Sinfonía nº 2 (Mahler)|''Segunda'']], [[Sinfonía nº 3 (Mahler)|''Terceira'']] e ''Cuarta'' sinfonías, as cales empregan efectivos vocais así como instrumentais. Con todo, dende aproximadamente 1901, a música de Mahler someteuse a un cambio en carácter a medida que avanzaba cara ao periodoperíodo "medio" da súa vida compositiva.<ref name="Cooke71">{{cita Harvard|Cooke|1980|p=71|sp=si}}</ref> É aquí onde os poemas de [[Friedrich Rückert]], máis austeros, substitúen á colección ''Wunderhorn'' como influencia principal; ditas cancións están menos relacionadas co [[folclore]], e infíltranse dun xeito menos amplo nos temas das sinfonías que antes.<ref name="Mitch32">{{cita Harvard|Mitchell|1975|p=32|sp=si}}</ref> Durante este período foron escritas a ''Quinta'', a ''Sexta'' e a ''Sétima'' sinfonías, todas elas obras puramente instrumentais, descritas polo estudoso de Mahler [[Deryck Cooke]] como "máis severas e directas ..., con máis tensión sinfónica e unha [[orquestración]] sólida coma o granito".<ref name="Cooke71" />
 
Mahler chegou a Maiernigg en xuño de [[1906]] co borrador da súa ''Sétima Sinfonía'', coa intención de revisar a orquestración ata que xurdira unha idea para unha nova obra.<ref name="DLG426">{{cita Harvard|La Grange|2000|pp=426–27|sp=si}}</ref> [[Alma Mahler]], a muller do compositor, explica nas súas memorias que, durante quince días, Mahler estivo "perseguido polo espectro dunha inspiración infrutuosa";<ref>{{cita Harvard|Mahler|1968|p=102|sp=si}}</ref> con todo, segundo lembra o propio Mahler, o primeiro día de vacacións foi ''capturado polo espírito creativo'', e sumerxiuse de inmediato na composición da obra que se convertiría na súa ''Oitava Sinfonía''.<ref name="DLG426" /><ref name="AM328">{{cita Harvard|Mahler|1968|p=328|sp=si}}</ref>