Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''''Sinfonía n.º 8 en [[mi bemol maior]]''''' de [[Gustav Mahler]], coñecida co sobrenome de '''''der Tausend''''' (''dos mil''), é unha das obras corais de maior escala do repertorio orquestral clásico. Debido a que require unha enorme cantidade de instrumentistas e coristas, é denominada frecuentemente ''"Sinfonía dos mil"'', aínda que a obra adoita interpretarse con menos de mil intérpretes e o propio Mahler non aprobou dito sobrenome. A obra foi composta nun único período de inspiración, en [[Maiernigg]] no sur de [[Austria]] no verán de [[1906]]. Foi a última obra que Mahler estreou en vida e acadou un gran éxito de crítica e público cando o compositor a dirixiu na súa estrea absoluta na cidade [[Baviera|bavaresa]] de [[Múnic]] ([[Alemaña]]), o [[12 de setembro]] de [[1910]].
 
A fusión da [[canción]] e a [[sinfonía]] fora unha característica das primeiras obras de Mahler. No seu período compositivo "medio" a partir de [[1901]], un cambio de rumbo levouno a compoñer tres sinfonías puramente instrumentais. A ''Oitava'', que marca o final do período "medio", volta a unha combinación de [[orquestra]] e voz nun contexto sinfónico. A estrutura da obra non é convencional; en lugar de seguir a estructuraestrutura normal en varios [[Movemento (música)|movementos]], a obra divídese en dúas partes. A primera parte está baseada no texto [[latín|latino]] dun [[himno]] [[cristianismo|cristián]] do [[século IX]] para [[Pentecostés]], ''[[Veni Creator Spiritus]]'' (''Ven, Espírito Creador'') e a segunda parte é un [[Arranxo (música)|arranxo]] das palabras da escena final do ''[[Fausto (Goethe)|Fausto]]'' de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]]. As dúas partes están unificadas por unha idea común, a da [[redención]] a través do poder do amor, unidade transmitida mediante temas musicais comúns.
 
Mahler estaba convencido dende o principio da importancia da obra, ao renunciar ao pesimismo que marcara gran parte da súa música, ofreceu a ''Oitava'' como unha expresión de confianza no eterno espírito humano. No período que seguiu á morte do compositor, as interpretacións foron relativamente pouco comúns. Porén, dende a metade do [[século XX]] en diante, a sinfonía ten sido programada con regularidade nas salas de concertos de todo o mundo, e gravouse en numerosas ocasións. Sen deixaren de recoñecer a súa ampla popularidade, os críticos modernos teñen opinións divididas sobre a obra; [[Theodor W. Adorno]], [[Robert Simpson]] e [[Jonathan Carr]] encontran o seu optimismo pouco convincente e considérana artística e musicalmente inferior a outras sinfonías de Mahler. Porén, tamén foi comparada -por [[Deryck Cooke]]- coa ''[[Sinfonía nº 9 (Beethoven)|Novena Sinfonía]]'' de [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]] como unha declaración da definición humana do seu século.